Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria rexistra 112 locais nunha operación a escala nacional contra as vendas ocultas no sector do moble

Operación 'Iroko'

  • Os rexistros que se están realizando ao longo do día de hoxe supoñen o inicio de inspeccións a 119 sociedades e 38 persoas físicas vinculadas
  • As investigacións previas permitiron detectar manipulacións contables de existencias que facilitarían a declaración de beneficios discretos e servirían para disimular a ocultación de vendas
  • O dispositivo despregado nas quince CCAA de territorio común conta coa participación de máis de 520 funcionarios da Axencia Tributaria

14 de marzo de 2019.- A Axencia Tributaria puxo en marcha unha gran operación a escala nacional contra a fraude fiscal no sector da fabricación e comercialización do moble. A operación, denominada ‘Iroko’, supón o inicio de actuacións inspectoras sobre un total de 119 sociedades e 38 persoas físicas socios e administradores das empresas investigadas, a partir da entrada e rexistro en 112 locais situados nas quince Comunidades Autónomas de territorio común.

O dispositivo despregado pola Axencia afecta a locais tanto de fabricantes de mobles, como de comerciantes maioristas e retallistas do sector situados en: Andalucía (34), Aragón (6), Asturias (3), Baleares (1), Canarias (6), Cantabria (1), Castela-A Mancha (1), Castilla y León (5), Cataluña (20), Extremadura (2), Galicia (5), La Rioja (1), Madrid (6), Murcia (5) e Comunidade Valenciana (16).As actuacións iniciáronse á hora de apertura dos locais por comparecencia da Inspección Tributaria e as súas Unidades de Auditoría Informática (UAI) nos locais das sociedades investigadas, co fin de acceder directamente á documentación e información contable ou auxiliar real, incluídos os sistemas informáticos de procesamento da información.

A experiencia de operacións realizadas con anterioridade pon de manifesto que a comparecencia da Administración nos locais ou domicilios onde se realiza a actividade económica e onde se leva a cabo a xestión do negocio permite unha loita máis efectiva contra a economía mergullada. Ao tratarse dunha actuación de carácter administrativo, as actuacións de entrada e rexistro non implican detencións.

Investigación previa

O sector do moble mantén desde o ano 2013 cinco anos de crecemento consecutivo ligado á alza do mercado inmobiliario. En 2017, o sector xerou un volume de negocio superior aos 4.300 millóns de euros e todos os subsectores de fabricación incrementaron a súa facturación.

Neste contexto, o Departamento de Inspección Financeira e Tributaria da Axencia Tributaria procedeu a unha análise global do sector do moble, efectuando cruces de información e análise das sociedades dedicadas tanto á fabricación coma á comercialización ao por maior e polo miúdo.

O estudo incluíu unha análise das declaracións polo Imposto sobre Sociedades das marxes brutos sobre vendas, marxes netas, marxe sobre aprovisionamentos, movementos de efectivo (principalmente en contas bancarias baixo a titularidade das sociedades) e pagamento con tarxetas, así como outros indicios de capacidade económica observados nos administradores, autorizados en conta ou socios.

Irregularidades nas existencias

Adicionalmente, as actuacións inspectoras realizadas con anterioridade no sector do moble, tanto a nivel de fabricantes, como en relación co comercio por xunto e retallista, puxeran de manifesto certas distorsións na evolución das vendas e as existencias que evidenciaban a realización de vendas non declaradas.

A partir desta análise e esta experiencia previa, os investigadores da Axencia observaron que certas sociedades manipulaban a contabilidade relativa ás súas existencias, ao obxecto de declarar un nivel discreto de beneficios e disimular, deste xeito, a propia ocultación de vendas. Paralelamente, existían indicios de que o colectivo afectado pola operación iniciada hoxe podería estar utilizando ‘software’ de ocultación que permitiría manipular tanto as existencias coma as vendas reais.

Todo iso contribuíu ao deseño da operación ‘Iroko’, que foi coordinada polo Departamento de Inspección da Axencia Tributaria, contando no operativo de entrada e rexistro coa participación de máis de 400 funcionarios da Área de Inspección, incluíndo persoal das UAI e da Oficina Nacional de Investigación da Fraude, así co apoio de axentes policiais e 120 funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia.

Cara a unha mellora no cumprimento voluntario

Xunto á regularización da fraude fiscal que finalmente se aflore, tanto esta como todas as actuacións sectoriais desenvolvidas nos últimos anos pola Axencia Tributaria teñen un segundo obxectivo consistente en transmitir ao sector correspondente unha mensaxe disuasoria, tratando de favorecer un cambio na actitude dos empresarios, de maneira que reconduzan as súas actividades e mellore o seu posterior cumprimento tributario en período voluntario de pagamento, en liña coas directrices xerais do Plan Anual de Control Tributario e Aduaneiro de 2019. Destes cambios nas actitudes dos empresarios concretos dependerá a evolución de futuros plans de control tributario, que se centrarán especialmente nos