Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria aborda un veleiro en mar aberto con 5.500 quilos de haxix

Operación ‘Landa’

  • Detidos os dous tripulantes da embarcación, que transportaba 183 fardos de droga 

10 de agosto de 2019.- Na madrugada do 9 de agosto axentes de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria abordaron un veleiro de bandeira holandesa que transportaba 5.500 quilos de haxix. No curso da operación detivose aos dous tripulantes da embarcación.

A operación, denominada ‘Landa’, iniciouse cando os medios aéreos de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria detectaron unha embarcación do tipo pneumática semiríxida, cargada de paquetes de que comunmente se utilizan para transportar haxix, que se dirixía cara a un veleiro ao que transbordou a mercadoría.

A continuación, estableceuse o correspondente operativo en que participaron diferentes medios navais e aéreos de Aduanas, iniciandose un dispositivo de control que levou á abordaxe do veleiro e o seu traslado ao porto de Almería, para o seu rexistro ordenado polo Xulgado Central de Instrución número 5.

Unha vez efectuado un reconto da droga, este deu a cantidade de 183 vultos, cun peso aproximado de 5.500 quilos de haxix de gran pureza, a teor do análise de campo efectuado cun narcotest.

Os dous detidos, canda a droga aprehendida e a embarcación intervida foron postos a disposición do xulgado de instrución en funcións de garda de Almería.

Vixilancia Aduaneira: Presentación de denuncias por contrabando e delitos relacionados

Teléfono gratuíto 900351378.

Correo electrónico: denunciasvigilanciaaduanera@correo.aeat.es