Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria intercepta un pesqueiro español con 2.500 quilos de cocaína que se dirixía a Galicia

Loita contra o narcotráfico

  • Detenidos os sete tripulantes do pesqueiro ‘Gure Leire’, todos eles de nacionalidade española
  • De maneira simultánea ao desenvolvemento do operativo marítimo, procedeuse ao rexistro de tres domicilios nas localidades biscaíñas de Ondarroa e Berriatua
  • La operación, denominada ‘Quenlla’, está dirixida polo Xulgado Central de Instrución Nº 1 da Audiencia Nacional e a Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional

3 de xuño de 2019.- A Axencia Tributaria interceptou a unhas 1.000 millas ao oeste de Vigo un pesqueiro de bandeira española de nome ‘Gure Leire’ cando transportaba 84 fardos de cocaína cun peso aproximado de 2.500 quilos. O pesqueiro, que tiña Galicia como destino constatado polos investigadores, foi abordado o pasado 27 de maio polo Buque de Operacións Especiais ‘Fulmar’ da Axencia Tributaria e os seus sete tripulantes, todos eles de nacionalidade española, foron detidos.

A operación, denominada ‘Quenlla’, está dirixida polo Xulgado Central de Instrución Nº 1 e a Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional e ten a súa orixe nunha investigación desenvolvida polo Área de Vixilancia Aduaneira de Galicia da Axencia Tributaria, en coordinación coa Subdirección Xeral de Operacións do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais e durante o desenvolvemento do operativo ‘Pascal Atlántico 2019’ de vixilancia aeronaval conxunta entre os servizos aduaneiros franceses e españois.

No marco desta operación contouse, ademais, coa colaboración das autoridades británicas (NCA) e do Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico (MAOC-N) de Lisboa, ademais do apoio do Centro de Intelixencia Contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO).

Destino Galicia

A investigación arrinca o pasado mes de abril, cando a Oficina de Intelixencia Marítima de Vixilancia Aduaneira en Galicia detecta a entrada do pesqueiro no porto da Coruña, espertando a sospeita dos funcionarios de Vixilancia Aduaneira. A partir dese momento iníciase unha vixilancia sobre a embarcación, que acaba cargando a droga nalgún punto do Atlántico Norte.

De acordo coa investigación, a droga tiña a súa orixe en América do Sur e o pesqueiro dirixíase ás costas galegas para a descarga. Previamente, un navío nai que sairía das costas de Surinam trasladaría a carga ao pesqueiro nun punto acordado, seguindo así a práctica do transbordo, habitual entre as organizacións criminais que utilizan a vía marítima para a introdución de estupefacientes en Europa.

Establecido o oportuno dispositivo aeronaval destinado á interceptación , de forma acordada entre os servizos aduaneiros españois e franceses, o buque ‘Fulmar’ da Axencia Tributaria localizou o pesqueiro, unha embarcación de 22 metros de eslora sobre a que xa existían sospeitas desde facía varios anos pola súa posible vinculación con organizacións dedicadas ao narcotráfico.

A dotación de presa do ‘Fulmar’, composta por funcionarios de operacións especiais de Vixilancia Aduaneira, termina interceptando a embarcación e detendo aos seus sete tripulantes, todos eles de nacionalidade española.

Tras localizar a droga nas cámaras frigoríficas da embarcación, o ‘Fulmar’ iniciou a travesía cara ao porto de Vigo nunhas condicións marítimas difíciles que levaron á necesidade de remolcar o pesqueiro a baixa velocidade durante varios días por risco de afundimento.

Rexistros en Biscaia

Mentres se desenvolvía o operativo marítimo, persoal de Vixilancia Aduaneira procedía, baixa autorización xudicial, ao rexistro de tres domicilios nas localidades de Ondarroa e Berriatua (Biscaia).

A embarcación aprehendida, canda os detidos e a droga, foron postos a disposición xudicial para a práctica das actuacións a realizar baixo a coordinación do Xulgado Central de Instrución Nº 1 da Audiencia Nacional. A operación e as investigacións continúan abertas.