Saltar ao contido principal

Interceptado na costa galega o primeiro "narcosubmarino" detectado en Europa

Operación da Axencia Tributaria, Garda Civil e Policía Nacional

  • Hai dúas persoas de nacionalidade ecuatoriana detidas e búscase a unha terceira
  • Transportaba tres toneladas de cocaína en 152 fardos cuxa procedencia aínda se investiga 

27 de novembro de 2019.- A Axencia Tributaria, a Garda Civil e a Policía Nacional xa han  reflotado o submarino interceptado o pasado sábado con 3.000 quilos de cocaína a escasas millas da praia de Hío, na bisbarra do Morrazo (Pontevedra). Unha vez finalizado o reconto durante a pasada madrugada interviñéronse un total de 152 fardos. O mergullable, desde o que pretendían traspasar a droga a outra embarcación, xa se encontra no porto de Aldán, en Cangas (Pontevedra), lugar onde se ha extraído a droga do interior do aparello.

Trátase do primeiro “narcosubmarino” detectado no continente europeo. Na operación foron detidas dúas persoas-de nacionalidade ecuatoriana - e hai unha terceira fuxida e cuxo paradoiro aínda se descoñece.

As investigacións comezaron cando o Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico (MAOC) alertou ao Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO), sobre unha embarcación sospeitosa que se dirixiría a España pola Atlántica cargada de cocaína. Nesta primeira fase, a colaboración cos corpos policiais do Reino Unido foi fundamental para a posterior interceptación do submarino. Na operación tamén participaron policías de Portugal, Estados Unidos e o Brasil.

Desde ese momento despregouse un dispositivo policial con medios aeronavais procedentes da Coruña e Pontevedra, a un tempo que se reforzou a presenza policial en toda a zona de costa.

Cando finalmente o submarino chegou o sábado á noite á Península do Morrazo (Pontevedra), unha patrulla con medios de visión nocturna puido divisar a chegada do aparello e a fuxida posterior dos seus tripulantes.

Ante a situación de temporal no mar, o semimergullable non foi capaz de entregar a droga a unha terceira embarcación, obrigandolle a desprazarse ata a costa onde os detidos provocaron o seu afundimento e abandonaron a mesma.

Nese momento detivose a unha persoa que apareceu equipada con traxe de neopreno-. Ás 9 da mañá do domingo conséguese deter a un segundo narcotraficante. O terceiro tripulante fuxiu e encóntrase actualmente en paradoiro descoñecido.

A investigación continúa aberta para poder determinar tanto a orixe da droga como a organización que ía recibir a droga en España. Aínda que o uso de submarinos é moi habitual en América, trátase da primeira vez que se detecta este sistema de transporte de droga en Europa. Trátase dun artefacto de fabricación artesanal, realizado en fibra, con capacidade e autonomía para transportar entre tres e cinco toneladas de cocaína.

Filmación do operativo (para descargar os vídeos débense introducir os seguintes enderezos web):

Imaxes nocturnas do helicóptero de Vixilancia aduaneira, exploración e chegada a porto

https://we.tl/t-oB1zb4i80W

Imaxes da exploración do mergullable e chegada a porto

https://we.tl/t-t7hgTlBPL1 

Fotografías do operativo

https://we.tl/t-QpH6uFAhHX