Saltar ao contido principal

Interceptado en augas próximas ao porto deportivo de Calpe un iate cargado con máis de 4.300 quilos de hachix

Operación conxunta de Axencia Tributaria, Garda Civil e Policía Nacional

  • Detidas seis persoas grazas á coordinación dos medios aeronavais e terrestres despregados por Vixilancia Aduaneira, Policía Nacional e Garda Civil
  • Os traficantes foron sorprendidos en plena noite polo patrulleiro ‘Arao’ da Axencia Tributaria cando intentaban alixar no porto da costa alacantina

24 de xullo de 2020.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes de Policía Nacional e Garda Civil, no marco da operación conxunta ‘Feluxe’, evitaron a introdución en territorio nacional dun alixo de 4.380 quilos de haxix. O cargamento viaxaba nun iate de bandeira española que foi interceptado polo patrulleiro ‘Arao’ da Axencia Tributaria xusto cando os traficantes xa se dispoñían a alixar a droga no porto deportivo de Calpe (Alacant).

Froito da coordinación dos medios aeronavais e terrestres dispostos polos tres corpos, a aprehensión da droga veu acompañada da detención de seis membros da organización, incluíndo os dous tripulantes da embarcación e outras catro persoas que esperaban en terra para a descarga.

A operación comeza o pasado mes de marzo, tras unhas investigacións preliminares da Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira de Alacant no ámbito das instalacións náuticas da provincia, onde os investigadores detectaron a presenza dunha embarcación tipo iate, de bandeira española, cuxa tripulación levantou sospeitas aos investigadores.

Centrada a investigación e convertida embarcación e tripulantes en obxectivo, a coordinación da información a través do CITCO, o Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado, permitiu poñer en común os datos obtidos ata entón, cos que posuían as unidades de Garda Civil e Policía Nacional, que á súa vez viñan tamén analizando a estas persoas.

A partir deste momento, o control e vixilancia dos obxectivos é permanente nos distintos portos que frecuentaban os tripulantes co seu iate de recreo.

Abordaxe e detencións

Os feitos precipitábanse a última semana nunha das saídas de porto, dado que o comportamento dos tripulantes apuntaba a que xa estaban listos para recoller o cargamento en mar aberto. Actívase entón o operativo, cun amplo despregamento de medios aeronavais e terrestres para non perder detalle dos movementos e contactos do iate.

Dado o mal estado do mar, durante a noite do martes ao mércores óptase por se manter ao axexo, e en constante seguimento do obxectivo, os medios previstos pola Axencia Tributaria, o patrulleiro ‘Arao’, o helicóptero Argos II, con base en Almería, e o avión de Vixilancia Aduaneira con base en San Javier (Murcia).

Finalmente, o ‘Árao’ sorprende os tripulantes do iate preto das catro da mañá do mércores, cando se encamiñaban xa ao porto deportivo de Porto Branco, Calpe, levando a cabo a súa abordaxe para impedir a entrega da droga ao resto da organización, que esperaba en terra cun furgón de grandes dimensións.

O iate tratou de zafarse do patrulleiro, pero os seus esforzos resultaron en van, foron neutralizados rapidamente pola tripulación de presa do ‘Árao’, que no propio asalto xa se encontraron coa inxente cantidade de fardos de tea de saco que viaxaban a bordo da embarcación contrabandista.

Mentres os funcionarios de Vixilancia Aduaneira detiñan os dous tripulantes do iate, os catro membros da organización criminal que esperaban co furgón, emprendían a fuxida, rapidamente abortada coa súa detención grazas ao despregamento policial en terra disposto por Garda Civil, Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira.

Neutralizados os obxectivos e asegurado o cargamento, o ‘Arao’ emprendía regreso á súa base en Alacant coa embarcación apresada e os seus dous tripulantes detidos, mentres que os catro restantes quedaban baixo custodia das unidades policiais que actuaron en terra.

Seguidamente, na tarde do mércores unha comisión do Xulgado de Instrución de garda de Alacant facía acto de presenza a bordo do iate intervido, coa presenza así mesmo do seu patrón, unha das persoas detidas, para levar a cabo o rexistro, contabilizándose 134 fardos de hachix cun peso de 4.380 quilos. Simultaneamente, levábase a cabo en Calpe o rexistro dunha vivenda relacionada cun dos detidos do furgón. Os detidos e as dilixencias efectuadas quedarán a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Denia, en funcións de garda.

Nas investigacións e no operativo de detencións e rexistros participaron a Unidade Combinada de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Alacant, o equipo EDOA de Garda Civil da Comandancia de Alacant, o grupo UDYCO de Policía Nacional tamén de Alacant, e o Grupo de Estupefacientes de Policía Nacional en Elche.

Filmación da operación (para descargar os vídeos débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-H8CQu57xiU