Saltar ao contido principal

Desarticulada unha mafia chinesa dedicada ao tráfico de drogas internacionais e branqueo de capitais a través de empresas de paquetaría

Operación conxunta de Axencia Tributaria, Garda Civil e Policía Nacional

  • Foron detidas 38 persoas e practicouse un total de 30 rexistros nas CCAA de Madrid e Asturias e nas provincias de Salamanca, Toledo, Lugo e Las Palmas
  • Interveuse máis de media tonelada de marihuana, 2 quilogramos de metanfetamina, 160.000 euros en efectivo, sete vehículos de alta gama, xoias e reloxos de luxo, así como dúas armas de fogo modificadas

8 de febreiro de 2021.- A Axencia Tributaria, a Policía Nacional e a Garda Civil, han desarticulado nunha operación conxunta unha mafia chinesa dedicada, presuntamente, ao tráfico de drogas internacionais e branqueo de capitais. Foron detidas un total de 38 persoas, das que 23 ingresaron en prisión por pertenza a unha organización criminal de orixe chinesa. Ademais, realizáronse un total de 30 rexistros en domicilios, establecementos comerciais e empresas de paquetaría.

A operación levou tamén ao desmantelamento de tres plantacións ‘indoor’ e á incautación de máis de media tonelada de marihuana preparada para o seu envío ao estranxeiro. Igualmente, interviñéronse un total de doce vehículos – algúns deles de alta gama –, xoias e reloxos de luxo, así como outros efectos e documentos.Esta operación foi desenvolvida nas comunidades autónomas de Madrid e Asturias e nas provincias de Salamanca, Toledo e Lugo, onde se practicaron tanto rexistros como detencións, e Las Palmas de Gran Canaria, onde se levou a cabo unha detención.

Crime organizado chinés

En abril de 2018, tras detectar o envío de grandes cantidades de marihuana a Francia para a súa posterior comercialización, iniciouse a investigación que situaba a unha organización criminal chinesa detrás deste tipo de actividades, utilizando unha rede de empresas de paquetaría postal rexentadas por cidadáns chineses como elemento intermediario facilitador da súa actividade ilegal.

Este grupo desmantelado estaba xerarquizado e tiña un alto grao de especialización e profesionalidade. Estruturábase en células encargadas do cultivo de forma masiva en plantacións tipo ‘indoor’ en naves industriais e vivendas illadas de gran tamaño. Tamén contaba con outras instalacións onde se realizaba o envase e preparaba o envío ao estranxeiro mediante as empresas de paquetaría.

Distribución cara a outros países europeos

Os investigadores puideron detectar como este tipo de organizacións criminais chinesas asumiron o cultivo e adquisición desta substancia en España, para posteriormente empaquetara e distribuíra a outros países do noso medio tales como Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia ou Países Baixos.

Estas organizacións adoptan un alto grao de opacidade e hermetismo nas comunidades e zonas onde se asentan, tratando de pasar desapercibidas e dificultando a súa detección polos distintos corpos policiais. Malia iso, a coordinación establecida entre os tres corpos durante a operación permitiu a identificación e desarticulación deste grupo mafioso.

Branqueo e evasión de capitais

Utilizando as mesmas canles establecidas para o envío de substancias estupefacientes, outros membros da organización criminal dedicábanse ao envío de grandes cantidades de efectivo a países como Italia ou Portugal, habendose realizados apresamentos de ata 100.000 euros neses estados, grazas á cooperación da Garda dei Finanza, no caso de Italia, e Policía Judiciaria en Portugal. Estímase que poderían estar evadiendo ata medio millón de euros de forma mensual. Doutra banda, e pese ao enorme lucro económico reportado polas súas actividades criminais, utilizan sistemas complementarios de canalización deses beneficios, realizando compensacións económicas evitando en todo momento o espazo económico español.

Durante os rexistros acháronse 160.000 euros agochados en dobres fondos, os cales ían ser empaquetados e enviados a países como Italia e Portugal. Canda os apresamentos realizadas durante a operación conseguiuse interceptar arredor de medio millón de euros, estimandose que esta era tamén a cantidade mensual que a organización criminal sacaba de España.

Aos detidos, algúns deles en situación irregular, se lles imputan delitos de organización criminal, contra a saúde pública, usurpación de estado civil e outro delitos accesorios que lles permitían perfeccionar seu modus operandi. Aqueles que se encontraban en situación irregular utilizaban documentos doutros cidadáns chineses, roubados ou prestados por outros membros da organización, evitando así obter a súa identidade real.

A operación foi desenvolvida por unidades da Área Rexional de Vixilancia Aduaneira de Madrid, pertencentes á Axencia Tributaria, en operación conxunta coa Policía Nacional e a Garda Civil. 

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-ja9hjV7HLo