Interceptado un veleiro con 400 quilos de cocaína no Atlántico a 500 millas das Azores
Operación conxunta da Axencia Tributaria e a Policía Nacional
- O Buque de Operacións Especiais ‘Fulmar’ do Servizo de Vixilancia Aduaneira, nunha operación internacional coordinada polo Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico (MAOC-N) e o Centro de Intelixencia Contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO), abordou un barco cargado con cocaína valorada nuns 15millones de euros
- A operación saldouse coa detención dos seus dous tripulantes, que son de nacionalidade búlgara
18 de agosto de 2022.- O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, nunha operación conxunta coa Policía Nacional, interceptou a 500 millas náuticas das illas Azores un veleiro tipo ‘sloop’ de 15,85 metros de eslora, de nome ‘Frea’, con bandeira de Polonia, cando transportaba aproximadamente 400 quilos de cocaína valorada nuns 15 millóns de euros.
A operación iniciouse, como consecuencia da colaboración internacional, a través do intercambio de información entre o MAOC-N (Centro de Análise e Operacións do Atlántico), o CITCO (Centro de Intelixencia Contra o Terrorismo e o Crime Organizado), os investigadores do Servizo de Vixilancia Aduaneira e a Policía Nacional. A partir de aí, determinouse a posible implicación dunha embarcación sospeitosa de tráfico ilícito de estupefacientes procedentes de América do Sur.
Como consecuencia diso , o Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria estableceu o oportuno dispositivo aeronaval que deu como resultado que o seu patrulleiro ‘Fulmar’ localizase e abordase o veleiro na mañá do día 5 de agosto.
No momento da abordaxe puidose observar que o veleiro transportaba unha importante cantidade de fardos dos habitualmente utilizados para o tráfico de cocaína, ocultos nun habitáculo da popa da embarcación. Nese momento, procedeuse á detención dos seus dous tripulantes, de nacionalidade búlgara, así como ao apresamento do buque, que foi trasladado ao porto de Cádiz, onde se procedeu ao seu rexistro.
Os investigadores tiñan a sospeita de que, ademais dos preto de 18 quilos de cocaína que foran detectados tras a abordaxe, xa no propio casco do barco podería acharse agochada unha cantidade substancialmente superior deste estupefaciente. Tras o rexistro, as sospeitas resultaron confirmadas, acadando así a cifra total intervida os 400 quilos de cocaína.
A droga estaba oculta nun dobre fondo na parte de popa do veleiro, polo que o seu descubrimento resultou moi laborioso.
A operación foi dirixida e coordinada pola Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional. Tanto os detidos, como a embarcación, a droga e as dilixencias policiais pasarán a disposición do Xulgado Central de Instrución número 5.
Esta operación é unha máis das efectuadas na loita contra o tráfico de drogas na denominada Ruta Atlántica da cocaína, coñecida por ser utilizada por veleiros que procedentes de América do Sur transbordan as substancias estupefacientes no medio do Atlántico para a súa posterior introdución no continente europeo.
Filmación do operativo (para descargar os vídeos débense introducir os seguintes enderezos web):
https://we.tl/t-IjsytluwTe
https://we.tl/t-cNrKPw8QrH