Saltar ao contido principal

Incautados 170.000 artigos falsos nunha operación contra o comercio ilícito de xoguetes na campaña do nadal

Operación conxunta da Axencia Tributaria, Policía nacional e Europol

  • Detivose a un home de nacionalidade chinesa pola venda deste material que acadaría un valor de mercado superior a 1.200.000 euros
  • No marco da operación LUDUS III, liderada por Europol, contra o comercio ilícito de xoguetes en Nadal

5 de decembro de 2022.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes da Policía Nacional, no marco da operación ‘Ludus III’, liderada por Europol, desmantelaron unha rede de distribución de xoguetes falsos. No marco desta operación foi detido un home, de nacionalidade chinesa, e interviñéronse 170.000 artigos en Madrid que acadarían un valor de mercado superior a 1.200.000 euros.

A operación iniciouse o pasado mes de agosto cando os investigadores tiveron coñecemento da existencia de gran cantidade de peluches e xoguetes en diversas naves e almacéns do polígono industrial Cobo Calleja que poderían estar vulnerando os dereitos contra a propiedade industrial de diversas marcas.

Debido á proximidade da campaña do nadal, en que habitualmente prolifera a venda fraudulenta de xoguetes, e ante a posibilidade de que fosen postos no mercado, estableceuse un dispositivo conxunto co obxecto de inspeccionar e se é o caso intervir a mercadoría almacenada.

Por este motivo procedeuse á entrada nunha nave do polígono Cobo Calleja da localidade de Fuenlabrada (Madrid), onde se localizou unha gran cantidade de xoguetes de coñecidas marcas que presuntamente vulneraban os dereitos contra a propiedade industrial, pois os propietarios carecían da documentación que acreditase a súa lexítima procedencia.

Un valor de mercado superior a 1.200.000 euros

Tras este achado, os axentes interviñeron un total de 169.320 artigos consistentes en xoguetes, peluches e diversos artigos de marcas de nomee, cun valor de mercado superior a 1.200.000 euros. Ademais, nesta operación detivose a un cidadán chinés ao que se lle imputan un delito contra a propiedade industrial e outro de contrabando.

Esta detención produciuse no marco da operación ‘Ludus III’, liderada por Europol, contra o comercio ilícito de xoguetes en Nadal.