Desmantelado un laboratorio clandestino que producía cocaína para a súa distribución por toda España en vehículos caleteados
Operación conxunta da Axencia Tributaria e a Policía Nacional
-
Detivose dúas persoas que formaban parte dunha organización criminal dedicada á produción de droga a gran escala na provincia de Valladolid
-
Nos catro rexistros realizados se incautaron máis de 12 quilogramos de cocaína, 40 quilogramos de procaína e 400 litros de líquidos precursores
-
Dispuñan de vehículos con compartimentos ocultos creados especificamente para agochar a substancia estupefaciente e eludir a acción policial nos transportes
10 de agosto de 2024.- O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, nunha operación conxunta coa Policía Nacional, desmantelaron na provincia de Valladolid un laboratorio clandestino de produción de cocaína. Distribuían o estupefaciente por toda a xeografía española, para o que dispuñan de vehículos con compartimentos ocultos creados especificamente para agochar a substancia estupefaciente e eludir a acción policial nos transportes. Dous homes que integraban a organización foron arrestada como presuntos autores dos delitos de pertenza a organización criminal e tráfico de drogas.
Nos catro rexistros realizados na ‘Operación Silken-Cigales’ hanse incautado máis de 12 quilogramos de cocaína, 40 quilogramos de procaína e 400 litros de líquidos precursores así como máis de 90.000 euros en efectivo, seis vehículos e numerosos utensilios para a produción e distribución da droga. A investigación iniciouse no mes de maio, cando os axentes tiveron coñecemento da existencia dunha organización criminal, asentada na provincia de Valladolid, presuntamente dedicada á produción e tratamento de cocaína.
Froito das investigacións, os axentes indagaron que a organización contaba cun centro loxístico situado nun predio dunha pequena localidade de Valladolid, o cal era considerada o epicentro da súa actividade ilícita. Neste lugar, crearan un laboratorio para a transformación e extracción de cocaína desde onde un dos líderes dirixía a súa actividade. Posteriormente almacenaba a droga xa procesada, á espera da súa distribución.
Produtos químicos para “cociñar” a droga
Os axentes comprobaron que o modus operandi da organización consistía en obter cocaína e trasladara ata o laboratorio clandestino, perfectamente preparado e acondicionado. Alí, a droga era mesturada con produtos químicos coa finalidade de aumentar o seu volume e con iso as súas ganancias ilícitas.
Finalmente era dividida en paquetes para distribuíra baixo demanda por todo o territorio nacional. Para a entrega da droga aos compradores dispuñan de vehículos con compartimentos ocultos creados para agochar a substancia estupefaciente e así realizar os repartos con total seguridade.
Controlaban o transporte con dispositivos electrónicos
A operación culminou cando os axentes detectaron a un dos transportistas da organización criminal desprazandose a Madrid para adquirir, e posteriormente trasladar ata o laboratorio en Valladolid, unha gran cantidade de produtos químicos para a preparación da cocaína.
No momento da súa detención, os axentes indagaron que a organización criminal contaba con medidas de seguridade tecnolóxica, coa finalidade de coñecer en tempo real o paradoiro e situación exacta do trasportista durante os traxectos.
O resto dos membros da organización, tras coñecer que o condutor fora arrestado, trataron de agochar a substancia estupefaciente nos compartimentos ocultos dos vehículos. Un deles puido ser detido en Valladolid e o estupefaciente foi finalmente localizado polos investigadores nos catro rexistros realizados.
Finalmente a operación saldouse coa detención de dous homes como presuntos autores dos delitos de pertenza a organización criminal e tráfico de drogas. Tras ser postos a disposición xudicial, decretouse o seu inmediato ingreso en prisión.
Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):