Desmantelada unha organización criminal internacional dedicada á venda ilegal de pastillas adelgazantes
Operación conxunta da Axencia Tributaria, Policía Nacional e Garda Civil
- Na súa composición contiñan un derivado anfetamínico e eran comercializado baixo a aparencia de complemento alimenticio
- Un total de 20 persoas foron arrestadas, as cales utilizaban redes sociais e páxinas web para contactar de maneira anónima con potenciais clientes
- Nos catro rexistros realizados interveuse-ademais de substancia estupefaciente - unha arma, máis de 500.000 pastillas e 200.000 euros
6 de agosto de 2024.- Axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, nunha operación conxunta con Policía Nacional e Garda Civil, desmantelaron unha organización criminal internacional dedicada á venda ilegal de pastillas adelgazantes que contiñan un derivado anfetamínico. Os 20 integrantes arrestados utilizaban redes sociais e páxinas web para contactar con potenciais clientes e comercializar o comprimido baixo a aparencia dun complemento alimenticio. Nos catro rexistros realizados foron intervidas máis de 500.000 pastillas e 200.000 euros en efectivo, ademais dunha arma de fogo e substancia estupefaciente.
A investigación iniciouse en febreiro do presente ano cando os axentes foron alertados pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios, xa que descubriran nunhas pastillas adelgazantes un composto anfetamínico que podería causar un grave risco para a saúde. Así mesmo, os axentes detectaron a existencia de varias denuncias interpostas por diferentes persoas que tiveran problemas de saúde polo consumo destas pastillas.
As pescudas policiais permitiron aos investigadores coñecer de maneira exhaustiva o funcionamento da organización, logrando ademais identificar á totalidade dos membros que a conformaban. Así mesmo, indagaron que os compoñentes utilizaban as redes sociais e páxinas web para contactar con potenciais clientes. Amparandose no anonimato achegaban datos falsos para dificultar unha posible acción policial.
Utilizaban unha clínica estética como centro de operacións
Tras identificar o presunto responsable os axentes localizaron o lugar que funcionaba como centro de operacións da estrutura, tratandose dunha clínica estética. Desde alí comunicábanse cos fabricantes das pastillas, que se encontraban situados en Turquía. Posteriormente, facilitábanlles datos de persoas vinculadas coa organización criminal que se encargaban da adquisición e distribución das pastillas.
Avanzando coa investigación os axentes interviñeron no Aeroporto Adolfo Suárez – Madrid Barajas catro maletas que contiñan no seu interior máis de 120 quilogramos de produtos cosméticos, entre os que se encontraban as pastillas adelgazantes.
Ademais, unha das líderes da organización denunciou que parte dos integrantes, mediante a estafa do nazareno, deixáranlle unha débeda de 460.000 euros na compra de produtos cosméticos. Os axentes puideron constatar así a relación existente entre a líder e o resto de membros da organización, así como a posterior escisión da estrutura debido a estes feitos.
Desarticulado a estrutura en Málaga, Granada e Madrid
Finalmente, tras identificar a estrutura da organización, e ante o grave risco que supuña para a saúde de posibles consumidores, os axentes culminaron a investigación coa realización de catro rexistros nas provincias de Málaga, Granada e Madrid. Nelas se incautaron case 10 quilogramos de substancia estupefaciente, unha arma de fogo, máis de 500.000 pastillas, un vehículo de alta gama e 200.000 euros. Ademais, os axentes bloquearon 9 contas bancarias e detiveron 20 persoas, que foron postas a disposición da autoridade xudicial como presuntas autoras de delitos contra a saúde pública, contra os consumidores, branqueo de capitais, estafa e pertenza a organización criminal.