Saltar ao contido principal

Intervidos en Portugal e España máis de 1.000 quilos de cocaína oculta no interior de froitas e zumes

Operación conxunta da Axencia Tributaria, a Policía Nacional e a Policía Judiciaria de Portugal

  • Foron detidas tres persoas en territorio portugués e a investigación segue aberta en España onde continúan as investigacións
  • O estupefaciente, procedente de América do Sur, foi interceptado en dous envíos, unha partida que se ocultaba no interior de envases de zumes e outra no interior de melóns sen polpa

20 de maio de 2024.- A Axencia Tributaria, a Policía Nacional e a Policial Judiciaria de Portugal, nunha operación conxunta, interviñeron máis de 1.000 quilos de cocaína en Portugal e España. Foron detidas tres persoas en territorio portugués e a investigación segue aberta en España onde continúan as investigacións. O estupefaciente, procedente de América do Sur, foi interceptado en dous envíos, unha partida que se ocultaba no interior de envases de zumes e outra no interior de melóns.

A investigación iniciouse por parte da Policía Judiciaria de Portugal nos últimos meses, tras ter coñecemento da existencia dunha organización que introducía grandes cantidades de cocaína procedente de América do Sur. As pescudas realizadas permitiron a intervención no porto luso de Sines dun cargamento de 535 quilos de cocaína que viña oculta no interior de envases de zumes.

A investigación permitiu detectar que a organización criminal utilizaba eficaces métodos de ocultación da substancia estupefaciente para introducira en territorio europeo e que, pola súa parte, podería estar utilizando portos españois para as súas operacións.

Coas informacións achegadas polas autoridades portuguesas, axentes da Policía Nacional iniciaron as investigacións en territorio español para detectar as actividades da organización no noso país. Desta maneira, detectouse que podería encontrarse en marcha outra envío do estupefaciente con destino a un porto galego.

Melóns sen polpa rechea de cocaína

A participación da Unidade de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria de Vigo, quen mantiña xa unha especial atención sobre as liñas de importación desde América do Sur, permitiu rapidamente centrar o foco sobre un colector de froita procedente do Brasil que parecía relacionado coa organización. Este envío transportaba 21 palets de melóns. A inspección física realizada por Vixilancia Aduaneira e Policía Nacional permitiu comprobar que, no interior de moitos deses pallets , a organización ocultaba bolsas esféricas de goma que contiñan cocaína. As unidades actuantes procederon á incautación dun total de 490 quilos de cocaína.

A operación saldouse coa detención de tres persoas en territorio portugués, que foron postos a disposición das autoridades xudiciais competentes, ditaminandose prisión preventiva para un deles .

A causa segue aberta en España e non se descartan novas detencións.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):

https://we.tl/t-33E0HHBuzD