A Axencia Tributaria devolveu máis de 9.300 millóns de euros a 12.953.000 contribuíntes ao peche da Campaña de Renda
Campaña de Renda 2025
-
Ata o momento aboáronse xa o 79,1% das devolucións e o 66,4% dos importes solicitados
-
Das 25.613.000 declaracións recibidas, 2.400.000 presentáronse con ‘Renda Directa’, un 136% máis, grazas a un incremento de potenciais beneficiarios que converteu esta vía na primeira opción escollida por contribuíntes con declaracións sinxelas
- ‘Renda Directa’, canda 1.216.000 declaracións do plan ‘chamámoslle’ e case 883.000 da ‘app’, suman 4.500.000 declaracións presentadas de forma sinxela e áxil sen necesidade de acudir ás oficinas, onde pola súa parte atendeuse a máis de 930.000 contribuíntes
-
A Axencia deu máis de 1.518.000 respostas polos canles de asistencia dixital e atendeu máis de dous millóns de chamadas para resolución de dúbidas
-
Ata o peche de campaña presentáronse 53.700 declaracións complementarias tras o aviso preventivo da Axencia, evitando posteriores comprobacións, xeración de intereses e eventuais sancións
3 de xullo de 2026.- A Axencia Tributaria devolveu xa 9.361 millóns de euros a 12.953.000 contribuíntes ao termo da campaña de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2025 (IRPF 2025), cun crecemento das devolucións abonadas ata agora do 3 %en número e un 2,9% en importe. A día de onte, xa se aboaran o 79,1% das solicitudes de devolución e o 66,4% dos importes a devolver que se solicitaron.
Á conclusión da campaña presentáronse 25.613.000 declaracións, un 4,2% máis que o ano anterior, das que 16.376.000 con resultado a devolver e 7.475.000 a ingresar.
‘Renda Directa’, primeira opción para declaracións sinxelas
Na campaña que agora conclúe, ‘Renda Directa’ posicionouse como a primeira opción escollida polos contribuíntes con declaracións sinxelas para presentar a súa declaración, por riba da ‘app’ e das vías con asistencia personalizada: o plan ‘Chamámoslle’ de asistencia telefónica e a atención en oficinas.
Mediante ‘Renda Directa’, 2.404.000 contribuíntes presentaron a súa declaración, un 135,8% máis que o ano pasado. A Axencia Tributaria aumentou os potenciais usuarios deste servizo deseñado para as declaracións máis sinxelas, que non requiren modificacións con respecto ao borrador de ‘Renda Web’, unha ferramenta que permite a mesma axilidade que a ’app’, pero adaptada a unha visualización máis clara en pantallas grandes, cunha experiencia de usuario cómoda, información sintética e unha xestión dinámica e moi breve do proceso de presentación.
Proba de que se trata dun servizo complementario e non substitutivo da aplicación móbil, é o feito de que este incremento tan forte nas presentacións con ‘Renda Directa’ non se produciu en detrimento das presentacións realizadas coa ‘app’. Coa aplicación móbil da Axencia presentáronse case 883.000 declaracións, un 26,8% máis, das que 600.000, un 15,9% máis, correspóndense con presentacións ‘nun só clic’ e o resto son contribuíntes aos que a ‘app’ derivou á Sede electrónica da AEAT para realizar algunha modificación e volveron á aplicación para concluír a presentación.
Ás dúas anteriores modalidades ou canles de presentación engádese o plan ‘Chamámoslle’, que nos últimos anos vén sendo a principal opción de asistencia personalizada elixida polos contribuíntes. Na campaña xa concluída utilizaron a asistencia telefónica para a presentación 1.216.000 contribuíntes.
Desta forma, conxuntamente ‘Renda Directa’, a ‘app’ e o plan de asistencia telefónica aglutinaron un total de 4.500.000 declaracións (un 55% máis que o ano anterior) presentadas de forma sinxela e áxil sen necesidade de acudir ás oficinas, onde, pola súa parte, asistiuse os contribuíntes na confección de 930.000 declaracións, un 6,5% máis que o ano pasado.
Máis de 1.518.000 respostas polos canles de asistencia dixital
Como complemento a toda a asistencia personalizada e a información sobre a campaña que se recolle na Sede electrónica da Axencia Tributaria, os contribuíntes seguiron aproveitando os canles de asistencia dixital individualizada. Conxuntamente, o ‘Asistente virtual de Renda’, que resolve as dúbidas expostas con linguaxe natural polos contribuíntes, e o ‘Informador’ ofreceron 1.461.000 respostas a solicitude do contribuínte, un 16,9% máis que o ano pasado.
Os contribuíntes recibiron tamén 149.000 respostas na axuda sobre subvencións do documento de datos fiscais onde se informa do recadro concreto de ‘Renda Web’ na que, se é o caso, débese incorporar o importe.
E, aqueles con dúbidas máis específicas e complexas, puideron optar por conectarse con especialistas da Administración Dixital Integral, a ADI, que atenderon máis de 57.000 chats, de xeito que, sumando este labor da ADI e a do ‘Asistente’ e o ‘Informador’, a Axencia Tributaria, nesta campaña, ofreceu máis de 1.518.000 respostas polos canles de asistencia dixital, un 18,5% máis que o ano anterior.
Ademais, mediante a habitual canle telefónica de resolución de dúbidas tributarias atendéronse ao longo da campaña 2.089.000 chamadas de distintos perfís de contribuíntes.
53.700 rectificacións tras os avisos preventivos
Por outra banda, ao longo da Campaña, no marco da súa estratexia de asistencia preventiva para evitar erros e omisións dos contribuíntes, a Axencia remitiu preto de 160.000 cartas (ademais de avisos en ‘Renda Web’ e na ‘app’) a contribuíntes que presentaron a súa declaración modificando información achegada pola Axencia, para os efectos de que valoren se deben ou non presentar unha declaración complementaria adaptandose á información que lle consta á AEAT.
Ata o momento, presentáronse 53.700 declaracións de contribuíntes rectificando, a partir da carta recibida, a declaración presentada inicialmente, evitando deste xeito unha posible comprobación posterior, a xeración de intereses e a eventual imposición de sancións. Se o contribuínte entende que a súa declaración era correcta, loxicamente non ten que modificara, pero se considera que cometeu algún tipo de erro ou omisión, se lle dá a opción de corrixira mediante a correspondente declaración rectificativa, para a que ‘Renda Web’ ofrece unha proposta cos datos xa incorporados.
Esta fórmula preventiva súmase aos avisos e ‘advertencias’ para evitar erros que a Axencia ofrece aos contribuíntes no documento de datos fiscais e en Renda Web antes de presentar a declaración, mensaxes que, ademais, nesta campaña ampliáronse a novos supostos.
Imposto sobre o patrimonio
En paralelo á Campaña de Renda desenvolveuse tamén a correspondente ao Imposto sobre o Patrimonio, que debían declarar os contribuíntes con cota a ingresar (tras aplicar as correspondentes deducións e bonificacións) e tamén aqueles sen cota a ingresar que o pasado ano contaban con bens e dereitos cun valor superior aos dous millóns de euros. Ao termo da campaña contabilizáronse máis de 227.800 declaracións de Patrimonio e o importe que hai que ingresar acadou os 2.512 millóns de euros.
IRPF 2025 (Datos a 2 de xullo)
|
IRPF 2024 |
IRPF 2025 |
% 2025/2024 |
|
||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
|||||||
|
|
NAVEGACIÓN RENDA WEB (nº de contribuíntes) |
21.416.496 |
22.395.617 |
4,57% |
|
||
|
|
Declaracións presentadas |
24.570.427 |
25.613.384 |
4,24% |
|
||
|
|
Declaracións a ingresar |
6.934.803 |
7.475.277 |
7,79% |
|
||
|
|
Importe (millóns de €) |
20.620,375 |
24.721,451 |
19,89% |
|
||
|
|
Declaracións con solicitude de devolución |
15.932.142 |
16.376.128 |
2,79% |
|
||
|
|
Importe (millóns de €) |
13.670,147 |
14.089,077 |
3,06% |
|
||
|
|
Devolucións Pagas |
12.577.526 |
12.953.787 |
2,99% |
|
||
|
|
Importe (millóns de €) |
9.099,753 |
9.361,593 |
2,88% |
|
||
Nota:
A suma de declaracións a ingresar e devolucións non coincide coas declaracións presentadas, xa que non se inclúen as declaracións negativas e as declaracións con renuncia á devolución.
Declaracións presentadas
|
DELEGACIÓNS PROVINCIAIS |
Total, declaracións presentadas IRPF 2024 |
Total, declaracións presentadas IRPF 2025 |
% Variación Presentadas 2025/2024 |
|---|---|---|---|
|
ALMERÍA |
408.541 |
428.067 |
4,78% |
|
CÁDIZ |
470.475 |
491.696 |
4,51% |
|
CÓRDOBA |
416.914 |
431.876 |
3,59% |
|
GRANADA |
493.959 |
516.059 |
4,47% |
|
HUELVA |
289.956 |
303.023 |
4,51% |
|
XAÉN |
345.787 |
356.468 |
3,09% |
|
MÁLAGA |
867.269 |
909.628 |
4,88% |
|
SEVILLA |
996.678 |
1.041.978 |
4,55% |
|
XEREZ |
140.326 |
147.009 |
4,76% |
|
CEUTA |
36.998 |
38.706 |
4,62% |
|
MELILLA |
37.333 |
38.993 |
4,45% |
|
ANDALUCÍA |
4.504.236 |
4.703.503 |
4,42% |
|
HUESCA |
132.117 |
137.602 |
4,15% |
|
TERUEL |
77.766 |
80.739 |
3,82% |
|
ZARAGOZA |
592.462 |
615.083 |
3,82% |
|
ARAGÓN |
802.345 |
833.424 |
3,87% |
|
OVIEDO |
380.894 |
397.257 |
4,30% |
|
XIXÓN |
199.270 |
207.016 |
3,89% |
|
ASTURIAS |
580.164 |
604.273 |
4,16% |
|
ILLAS BALEARES |
653.430 |
681.315 |
4,27% |
|
ILLAS BALEARES |
653.430 |
681.315 |
4,27% |
|
AS PALMAS |
574.151 |
600.323 |
4,56% |
|
STA. CRUZ DE TENERIFE |
528.139 |
554.703 |
5,03% |
|
CANARIAS |
1.102.290 |
1.155.026 |
4,78% |
|
CANTABRIA |
329.744 |
341.573 |
3,59% |
|
CANTABRIA |
329.744 |
341.573 |
3,59% |
|
ALBACETE |
211.628 |
219.273 |
3,61% |
|
CIDADE REAL |
250.611 |
260.001 |
3,75% |
|
CUENCA |
106.580 |
110.290 |
3,48% |
|
GUADALAXARA |
155.920 |
164.131 |
5,27% |
|
TOLEDO |
380.488 |
400.665 |
5,30% |
|
CASTELA-A MANCHA |
1.105.227 |
1.154.360 |
4,45% |
|
ÁVILA |
86.592 |
90.077 |
4,02% |
|
BURGOS |
217.792 |
225.122 |
3,37% |
|
LEÓN |
258.768 |
266.521 |
3,00% |
|
PALENCIA |
93.411 |
96.291 |
3,08% |
|
SALAMANCA |
186.460 |
192.687 |
3,34% |
|
SEGOVIA |
88.437 |
92.275 |
4,34% |
|
SORIA |
54.932 |
56.589 |
3,02% |
|
VALLADOLID |
312.039 |
323.504 |
3,67% |
|
ZAMORA |
92.441 |
95.408 |
3,21% |
|
CASTELA E LEÓN |
1.390.872 |
1.438.474 |
3,42% |
|
BARCELONA |
3.199.821 |
3.330.919 |
4,10% |
|
XIRONA |
421.759 |
442.621 |
4,95% |
|
LLEIDA |
240.576 |
252.097 |
4,79% |
|
TARRAGONA |
445.654 |
467.086 |
4,81% |
|
CATALUÑA |
4.307.810 |
4.492.723 |
4,29% |
|
BADAXOZ |
353.903 |
367.202 |
3,76% |
|
CÁCERES |
213.843 |
220.126 |
2,94% |
|
ESTREMADURA |
567.746 |
587.328 |
3,45% |
|
A CORUÑA |
639.267 |
660.861 |
3,38% |
|
LUGO |
179.770 |
185.598 |
3,24% |
|
OURENSE |
162.907 |
168.244 |
3,28% |
|
PONTEVEDRA |
301.770 |
313.256 |
3,81% |
|
VIGO |
209.209 |
216.691 |
3,58% |
|
GALICIA |
1.492.923 |
1.544.650 |
3,46% |
|
MADRID |
3.964.269 |
4.120.340 |
3,94% |
|
MADRID |
3.964.269 |
4.120.340 |
3,94% |
|
MURCIA |
608.618 |
643.138 |
5,67% |
|
CARTAXENA |
172.726 |
182.436 |
5,62% |
|
MURCIA |
781.344 |
825.574 |
5,66% |
|
NAVARRA |
2.498 |
2.615 |
4,68% |
|
NAVARRA |
2.498 |
2.615 |
4,68% |
|
ÁRABA |
879 |
989 |
12,51% |
|
GUIPÚSCOA |
1.115 |
1.240 |
11,21% |
|
BISCAIA |
2012 |
2.074 |
3,08% |
|
PAÍS VASCO |
4.006 |
4.303 |
7,41% |
|
A RIOXA |
192.655 |
198.809 |
3,19% |
|
A RIOXA |
192.655 |
198.809 |
3,19% |
|
ALACANTE |
969.166 |
1.014.935 |
4,72% |
|
CASTELLÓN |
341.744 |
356.584 |
4,34% |
|
VALENCIA |
1.477.958 |
1.553.575 |
5,12% |
|
C. VALENCIANA |
2.788.868 |
2.925.094 |
4,88% |
|
TOTAL NACIONAL |
24.570.427 |
25.613.384 |
4,24% |
Devolucións pagas número e importe 2024/2025 (importes en millóns de euros)
|
DELEGACIÓNS PROVINCIAIS |
Pagas (nº) IRPF 2024 |
Pagas (nº) IRPF 2025 |
% Var. 2025/2024 |
Importe Pago IRPF 2024 |
Importe pago IRPF 2025 |
% Var. 2025 / 2024 |
|---|---|---|---|---|---|---|
|
ALMERÍA |
230.588 |
241.459 |
4,71% |
114,120 |
122,658 |
7,48% |
|
CÁDIZ |
250.203 |
252.817 |
1,04% |
181,146 |
180,809 |
0,19%- |
|
CÓRDOBA |
213.302 |
220.015 |
3,15% |
118,201 |
126,393 |
6,93% |
|
GRANADA |
242.950 |
248.883 |
2,44% |
147,369 |
152,468 |
3,46% |
|
HUELVA |
166.417 |
170.755 |
2,61% |
91,956 |
94,137 |
2,37% |
|
XAÉN |
184.939 |
187.309 |
1,28% |
97,073 |
102,035 |
5,11% |
|
MÁLAGA |
431.388 |
438.646 |
1,68% |
273,705 |
278,023 |
1,58% |
|
SEVILLA |
531.727 |
539.396 |
1,44% |
340,931 |
349,444 |
2,50% |
|
XEREZ |
77.646 |
77.991 |
0,44% |
51,518 |
51,868 |
0,68% |
|
CEUTA |
19.971 |
19.809 |
-0,81% |
12,663 |
12,322 |
-2,69% |
|
MELILLA |
20.275 |
19.419 |
4,22%- |
13,507 |
12,482 |
-7,58% |
|
ANDALUCÍA |
2.369.406 |
2.416.499 |
1,99% |
1.442,188 |
1.482,640 |
2,80% |
|
HUESCA |
64.409 |
66.779 |
3,68% |
40,443 |
42,256 |
4,48% |
|
TERUEL |
38.466 |
39.489 |
2,66% |
24,059 |
24,213 |
0,64% |
|
ZARAGOZA |
307.198 |
315.624 |
2,74% |
207,985 |
209,465 |
0,71% |
|
ARAGÓN |
410.073 |
421.892 |
2,88% |
272,487 |
275,934 |
1,27% |
|
OVIEDO |
192.469 |
208.789 |
8,48% |
167,224 |
180,299 |
7,82% |
|
XIXÓN |
99.571 |
107.278 |
7,74% |
84,904 |
90,888 |
7,05% |
|
ASTURIAS |
292.040 |
316.067 |
8,23% |
252,128 |
271,187 |
7,56% |
|
ILLAS BALEARES |
272.688 |
277.808 |
1,88% |
191,376 |
199,510 |
4,25% |
|
ILLAS BALEARES |
272.688 |
277.808 |
1,88% |
191,376 |
199,510 |
4,25% |
|
AS PALMAS |
328.230 |
337.087 |
2,70% |
228,209 |
238,371 |
4,45% |
|
TENERIFE |
298.398 |
307.243 |
2,96% |
206,853 |
232,755 |
12,52% |
|
CANARIAS |
626.628 |
644.330 |
2,82% |
435,063 |
471,126 |
8,29% |
|
CANTABRIA |
178.594 |
181.039 |
1,37% |
140,140 |
139,362 |
0,56%- |
|
CANTABRIA |
178.594 |
181.039 |
1,37% |
140,140 |
139,362 |
0,56%- |
|
ALBACETE |
104.409 |
108.353 |
3,78% |
67,386 |
71,996 |
6,84% |
|
CIDADE REAL |
125.438 |
128.886 |
2,75% |
80,951 |
85,678 |
5,84% |
|
CUENCA |
55.282 |
57.299 |
3,65% |
35,117 |
37,877 |
7,86% |
|
GUADALAXARA |
79.202 |
82.657 |
4,36% |
60,189 |
63,926 |
6,21% |
|
TOLEDO |
189.412 |
197.032 |
4,02% |
125,984 |
135,663 |
7,68% |
|
C.-A MANCHA |
553.743 |
574.227 |
3,70% |
369,628 |
395,140 |
6,90% |
|
ÁVILA |
43.524 |
45.147 |
3,73% |
27,121 |
28,373 |
4,62% |
|
BURGOS |
114.497 |
113.395 |
-0,96% |
83,782 |
81,033 |
-3,28% |
|
LEÓN |
133.713 |
132.477 |
0,92%- |
92,318 |
89,406 |
-3,15% |
|
PALENCIA |
49.399 |
49.017 |
0,77%- |
32,877 |
32,450 |
-1,30% |
|
SALAMANCA |
93.789 |
94.138 |
0,37% |
58,563 |
58,110 |
0,77%- |
|
SEGOVIA |
44.716 |
45.880 |
2,60% |
28,704 |
29,343 |
2,23% |
|
SORIA |
29.406 |
28.685 |
-2,45% |
18,362 |
17,650 |
-3,88% |
|
VALLADOLID |
171.540 |
169.923 |
0,94%- |
122,115 |
118,280 |
3,14%- |
|
ZAMORA |
47.451 |
47.866 |
0,87% |
27,390 |
27,601 |
0,77% |
|
C. Y LEÓN |
728.035 |
726.528 |
-0,21% |
491,233 |
482,245 |
-1,83% |
|
BARCELONA |
1.331.713 |
1.388.920 |
4,30% |
1.097,201 |
1.091,262 |
-0,54% |
|
XIRONA |
169.927 |
183.200 |
7,81% |
129,139 |
135,311 |
4,78% |
|
LLEIDA |
98.647 |
104.263 |
5,69% |
66,600 |
69,573 |
4,46% |
|
TARRAGONA |
192.355 |
198.527 |
3,21% |
148,386 |
146,648 |
-1,17% |
|
CATALUÑA |
1.792.642 |
1.874.910 |
4,59% |
1.441,326 |
1.442,795 |
0,10% |
|
BADAXOZ |
181.238 |
184.652 |
1,88% |
93,852 |
97,846 |
4,26% |
|
CÁCERES |
108.611 |
108.720 |
0,10% |
57,571 |
59,323 |
3,04% |
|
ESTREMADURA |
289.849 |
293.372 |
1,22% |
151,423 |
157,169 |
3,79% |
|
A CORUÑA |
322.618 |
331.665 |
2,80% |
213,021 |
222,366 |
4,39% |
|
LUGO |
89.378 |
91.184 |
2,02% |
52,116 |
55,327 |
6,16% |
|
OURENSE |
75.088 |
78.473 |
4,51% |
43,779 |
47,023 |
7,41% |
|
PONTEVEDRA |
154.241 |
160.855 |
4,29% |
99,079 |
105,435 |
6,41% |
|
VIGO |
113.273 |
117.453 |
3,69% |
80,256 |
83,772 |
4,38% |
|
GALICIA |
754.598 |
779.630 |
3,32% |
488,251 |
513,923 |
5,26% |
|
MADRID |
2.326.318 |
2.388.705 |
2,68% |
2.127,985 |
2.167,145 |
1,84% |
|
MADRID |
2.326.318 |
2.388.705 |
2,68% |
2.127,985 |
2.167,145 |
1,84% |
|
MURCIA |
337.857 |
355.374 |
5,18% |
220,095 |
232,396 |
5,59% |
|
CARTAXENA |
98.242 |
102.696 |
4,53% |
70,450 |
72,663 |
3,14% |
|
MURCIA |
436.099 |
458.070 |
5,04% |
290,545 |
305,059 |
5,00% |
|
NAVARRA |
1.226 |
1.364 |
11,26% |
0,646 |
0,758 |
17,48% |
|
NAVARRA |
1.226 |
1.364 |
11,26% |
0,646 |
0,758 |
17,48% |
|
ÁRABA |
416 |
471 |
13,22% |
0,193 |
0,225 |
16,10% |
|
GUIPÚSCOA |
502 |
597 |
18,92% |
0,235 |
0,304 |
29,47% |
|
BISCAIA |
894 |
925 |
3,47% |
0,479 |
0,493 |
2,76% |
|
PAÍS VASCO |
1.812 |
1993 |
9,99% |
0,908 |
1,022 |
12,52% |
|
A RIOXA |
105.584 |
108.283 |
2,56% |
74,263 |
76,374 |
2,84% |
|
A RIOXA |
105.584 |
108.283 |
2,56% |
74,263 |
76,374 |
2,84% |
|
ALACANTE |
474.239 |
495.263 |
4,43% |
287,251 |
310,545 |
8,11% |
|
CASTELLÓN |
185.752 |
191.609 |
3,15% |
121,555 |
125,904 |
3,58% |
|
VALENCIA |
778.200 |
802.198 |
3,08% |
521,358 |
543,757 |
4,30% |
|
C.VALENCIANA |
1.438.191 |
1.489.070 |
3,54% |
930,163 |
980,206 |
5,38% |
|
TOTAL NACIONAL |
12.577.526 |
12.953.787 |
2,99% |
9.099,753 |
9.361,593 |
2,88% |