Saltar ao contido principal

Desarticulada unha organización criminal dedicada á fabricación de embarcacións de alta velocidade empregadas para o narcotráfico

Operación conxunta da Axencia Tributaria, Garda Civil e Policía Nacional

  • Levouse a cabo a detención de 22 persoas e practicáronse 27 rexistros
  • A organización contaba con persoal cunha alta especialización, tanto para a fabricación, como para a custodia e finalización destas embarcacións

19 de abril de 2022.- No marco da operación conxunta ‘Munari– Cundinamarca-tulipán’, levada a cabo polo Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, a Garda Civil e o Corpo Nacional de Policía, procedeuse á detención dos integrantes dunha organización criminal asentada ao longo da xeografía española, dedicada á fabricación e posterior posta a punto, de embarcacións de alta velocidade, as cales eran empregadas para a introdución de grandes cantidades de substancias estupefacientes, vía marítima.

A organización, asentada na provincia de Pontevedra, contaba con infraestrutura noutras provincias, como A Coruña, Salamanca, Madrid, Barcelona e incluso no país veciño, Portugal.

Nun dispositivo conxunto coordinado, procedeuse á realización das detencións de 22 dos compoñentes da organización criminal, levandose a cabo a entrada nun total de 27 domicilios e situacións de seguridade empregadas polos investigados. Os rexistros foron realizados nas provincias de Pontevedra, A Coruña, Madrid, Salamanca e Barcelona. Habendose efectuado, de igual xeito, dous rexistros na zona norte de Portugal (localidades de Viana do Castelo e Valença do Miño), contando coa participación da Policía Judiciaria de Portugal.

As investigacións realizadas permitiron identificar e estruturar as funcións dos membros da organización criminal, quen virían realizando a fabricación de embarcacións de alta velocidade, que son consideradas de xénero prohibido, en distintos lugares da provincia de Pontevedra. Ademais, contaban con outra serie de enclaves no país luso, en que culminaban as embarcacións. Por último, as embarcacións eran dotadas do equipo necesario para o seu uso polos narcotraficantes noutras cidades. 

Cómpre destacar que a organización contaba con membros cunha alta especialización, tanto para a fabricación, como a custodia e finalización destas embarcacións. Unha vez realizada a posta a punto das mesmas, os membros desta estrutura criminal levaban a cabo seu botadura en distintos puntos da xeografía nacional, sendo posteriormente empregadas para o transporte de estupefacientes na zona sur de España.

Como resultado das devanditas actuacións, foron intervida gran cantidade de efectos relacionados coa investigación. Así mesmo, localizáronse máis de 20 embarcacións de alta velocidade, en diversos estados de finalización, estando seis delas en disposición de ser botadas de forma inminente e empregadas para realizar importantes transportes de estupefacientes.

A operación foi desenvolvida polo Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia da Axencia Tributaria, o EDOA de Pontevedra, ECO Galicia, GRECO Galicia e foi dirixida polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número catro de Cambados (Pontevedra) e polo Fiscal Especial delegado Antidroga da provincia de Pontevedra, contando coa participación de EUROJUST. 

Durante o desenvolvemento do dispositivo establecido para a práctica das detencións e rexistros, contouse co apoio dun gran número de Unidades dos devanditos Corpos, entre as que destacan a Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, o GRS número sete de Pontevedra, a Unidade de Intervención Policial (UIP), a Unidade de Medios técnicos do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Galicia, o Servizo de Helicópteros da Garda Civil e o Servizo de Medios Aéreos da Policía Nacional.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir o seguinte enderezo web):
https://we.tl/t-LzAcF6leOk