Instrucións
A apertura dos ficheiros PDF co propio navegador non é posible en moitos casos.
Polo tanto, deberanse seguir as seguintes instrucións para a descarga e posterior formalización do modelo PDF dos formularios:
-
Efectuar a descarga con calquera navegador, e gardar o ficheiro PDF nalgún directorio local.
-
Abrir o ficheiro PDF coa opción "Abrir con" do lector de PDF "Adobe reader".
-
Pulsar "Encher formulario, para xerar novo Nº de xustificante, se é o caso, e cubrir o modelo".
Se nalgún momento aparece a mensaxe de "Javascript está desactivado", deberá activarse.
Nota:
Ao abrir o ficheiro PDF con EDGE ou Chrome, sairalle o seguinte aviso ou mensaxe:
"ESTE DOCUMENTO FOI ALTERADO. Non é posible abrir este documento. Lembre que a AEAT facilita os documentos PDF "como están", e non está permitido realizar modificacións á súa estrutura".
O devandito aviso débese á incorporación no ficheiro PDF do código necesario para facilitar a formalización do modelo por parte do usuario, así como para xerar o Nº de Xustificante e o seu código de barras, se é o caso, polo que debe facer caso omiso da devandita mensaxe, ao non supor neste caso ningún risco de seguridade.