Saltar ao contido principal

IAE. Declaración de alta, variación ou baixa no Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e comunicación do importe neto da cifra de negocios para os efectos de IAE (tramitación ante a AEAT).

Datos Xerais

Denominación

IAE. Declaración de alta, variación ou baixa no Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e comunicación do importe neto da cifra de negocios para os efectos de IAE (tramitación ante a AEAT).

Tipo de procedemento

Tributaria

Materia

Impostos

Obxecto

Os suxeitos pasivos que non estean exentos do imposto están obrigados a presentar declaración de alta na súa matrícula (modelo 840). Están, así mesmo, obrigados a presentar declaración de alta na matrícula os suxeitos pasivos que viñesen aplicando algunha das exencións establecidas no imposto, cando deixen de cumprir as condicións esixidas para a súa aplicación. Os suxeitos pasivos incluídos na matrícula do imposto estarán obrigados a presentar declaración mediante a que se comuniquen as variacións de orde físico, económico ou xurídico, que se produzan no exercicio das actividades gravadas e que teñan transcendencia para os efectos da súa tributación por este imposto. Os suxeitos pasivos do imposto que cesen no exercicio dunha actividade, pola que figuren inscritos na matrícula, estarán obrigados a presentar declaración de baixa na actividade.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento

Forma de inicio

interesado

Solicitante: Empresa

Lugar de presentación

Telemática e nas

Oficinas da AEAT.

Documentación

Presentación dos modelos 840 e 848.

Fases do procedemento/servizo

Inicio: presentación dos modelos 840 e 848. Cando a xestión censual se leve a cabo pola Administración tributaria do Estado, as declaracións de alta, variación ou baixa no IAE (modelo 840) presentaranse na Delegación ou Administración da Axencia Estatal de Administración Tributaria que corresponda. Será posible a presentación telemática deste modelo de declaración. A comunicación do importe neto da cifra de negocios (modelo 848) presentarase ben directamente ante calquera Delegación ou Administración da Axencia Estatal de Administración Tributaria, ou por correo certificado, dirixido á Delegación ou Administración da Axencia Estatal de Administración Tributaria correspondente ao domicilio fiscal do contribuínte ou por medios telemáticos a través do rexistro electrónico da AEAT.

Formularios

Tramitación electrónica

Prazo de resolución

Non ten

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Recursos

Non procede a interposición de recursos

Información vinculada á tramitación electrónica

Sistema de identificación

Certificado electrónico, Clave PIN

Nivel de interactividade

Nivel 4: Tramitación electrónica

Normativa

Normativa básica

  • ORDEN HAC/85/2003, de 23 de enero,

    por la que se determinan los supuestos en los que los sujetos pasivos del Impuesto sobre Actividades Económicas deben presentar una comunicación en relación con el importe neto de su cifra de negocios y se aprueba el modelo de dicha comunicación. (BOE 23-enero-2003)

  • ORDEN HAC/2572/2003, de 10 de septiembre,

    por la que se aprueba el modelo 840 de Declaración del Impuesto sobre Actividades Económicas y se establecen las condiciones generales y el procedimiento para su presentación telemática. (BOE 18-septiembre-2003)