Procedemento de prema.
Datos Xerais
Denominación
Procedemento de prema.
Tipo de procedemento
Tributaria
Materia
Impostos
Obxecto
Procedemento polo que se efectúa o cobramento das débedas vencidas e non satisfeitas no período voluntario de pagamento.
Órgano responsable
Axencia Estatal de Administración Tributaria
Información xeral do procedemento
Forma de inicio
oficio
Solicitante:Administración
Lugar de presentación
Telemática.
Oficinas da AEAT.
Oficinas de Correos.
Demais lugares considerados no artigo 16 da Lei 39/2015.
Documentación
Notificación da providencia de prema.
Fases do procedemento/servizo
Iniciación:O procedemento iníciase coa notificación da providencia de prema na que se liquidan as recargas do período executivo e concédese un prazo de pagamento durante o cal, se se paga o importe total da débeda e da recarga de prema reducida do 10 % finaliza o procedemento e non se liquidan xuros de mora.
Tramitación:Se transcorrido o prazo anterior non se pagou a débeda, a Administración tributaria está facultada para executar as garantías que tivese achegado o contribuínte e, no seu defecto, realizar actuacións de embargo e execución dos bens do debedor para o cobramento das débedas.A execución forzosa dos bens e dereitos embargados realízase mediante poxa pública, adxudicación directa ou concurso.Durante o período executivo devindícanse xuros de mora que serán esixidos e recadados no curso do procedemento de prema, así como as costas nas que incorra a Administración tributaria como consecuencia de ter que acudir a este procedemento de cobramento.
Terminación:O procedemento remata por unha destas tres causas:a) Polo pagamento da cantidade debida.b) Por acordo no que se declara o crédito total ou parcialmente incobrable, unha vez declarados falidos todos os obrigados ao pagamento.c) Por acordo de quedar extinguida a débeda por calquera outra causa.Nos casos en que se declarase o crédito incobrable, o procedemento de prema continuarase, dentro do prazo de prescrición, cando se teña coñecemento da solvencia dalgún obrigado ao pagamento.
Formularios
Prazo de resolución
Non ten
Órgano de resolución
Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Recursos
Reposición:Prazo:Un mes.Con carácter potestativo, ante a oficina da que provén o acto administrativo a recorrer, facendo constar que contra este non se interpuxo reclamación económico-administrativa.
Reclamación Económico-administrativa:Prazo:Un mes dende o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou a aquel en que se poida entender resolto o procedemento ou o recurso de reposición previo.Dirixirase ao órgano administrativo que ditase o acto reclamable.
Información vinculada á tramitación electrónica
Sistema de identificación
DNI electrónico, Certificado electrónico, Clave PIN
Nivel de interactividade
Nivel 4:Tramitación electrónica
Normativa
Normativa Básica
- Lei 58/2003, do 17 de decembro,
Xeral Tributaria.Artigos 163 e ss.(BOE 18-decembro-2003)
- Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo,
polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.(BOE 2-setembro-2005)