Saltar ao contido principal

Obtención de certificados tributarios de terceiras persoas. Estar ao corrente de obrigas tributarias

Datos Xerais

Denominación

Obtención de certificados tributarios de terceiras persoas. Estar ao corrente de obrigas tributarias

Tipo de procedemento

Certificados

Materia

Impostos

Obxecto

Proporcionar de forma directa, telemática e inmediata ás Administracións Públicas, certificados tributarios de terceiras persoas que precisen para a tramitación de procedementos administrativos da súa competencia, sempre que a devandita cesión directa de información tributaria conte co previo consentimento do obrigado tributario ou estea prevista nunha lei.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información xeral do procedemento

Forma de inicio

interesado

Solicitante: Administración

Lugar de presentación

Telemática

Fases do procedemento/servizo

Inicio: Formalización da solicitude en liña e envío telemático.

Tramitación: Cruzamento dos datos da solicitude coa base de datos da AEAT. Intervención de funcionario só en casos en que non sexa posible a emisión do certificado mediante actuación administrativa automatizada.

Terminación: Emisión do certificado telemático, mediante actuación automatizada cando sexa posible ou de forma diferida en caso de non ser posible a emisión inmediata. Unha vez emitido o certificado, o obrigado tributario poderá manifestar a súa desconformidade con calquera dos datos que formen parte do seu contido no prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da súa recepción, mediante un escrito en que solicite a modificación do certificado, ao que se anexarán os elementos de proba que estime convenientes para acreditar a súa solicitude. Se se estimase incorrecto o certificado expedido, procederase á emisión dun novo no prazo de 10 días. Se non se considerase procedente expedir un novo certificado comunicarase ao obrigado tributario con expresión dos motivos que o fundamentan.

Formularios

Tramitación electrónica

Prazo de resolución

Non ten

Órgano de resolución

Axencia Estatal de Administración Tributaria

Información vinculada á tramitación electrónica

Sistema de identificación

Certificado electrónico

Nivel de interactividade

Nivel 5: Proactivo

Normativa

Normativa básica