Denuncia de pagamentos en efectivo
Datos Xerais
Denominación
Denuncia de pagamentos en efectivo
Tipo de procedemento
Suxestións, Queixas, Denuncias e información aos cidadáns
Materia
Impostos
Obxecto
Poñer en coñecemento da Axencia Tributaria, identificando a outra parte, o incumprimento da limitación aos pagamentos en efectivo cun importe igual ou superior a 1.000 euros ou o seu contravalor en moeda estranxeira (10.000 se o pagador é persoa física que non actúa como empresario profesional sen domicilio fiscal en España). Se se fai por un dos intervenientes na operación dentro dos tres meses seguintes ao pagamento, estarase exento de responsabilidade na conseguinte infracción. Porén, a presentación simultánea de denuncia por ambos os dous intervenientes na operación non exonerará de responsabilidade a ningún deles .
Órgano responsable
Axencia Estatal de Administración Tributaria
Información xeral do procedemento
Forma de inicio
interesado
Solicitante: Cidadán - Empresa
Lugar de presentación
Telemática
Oficinas da AEAT
Fases do procedemento/servizo
Inicio: Presentación da denuncia polo denunciante.
Tramitación: Recibida unha denuncia, remitirase ao órgano competente para realizar as actuacións que puidesen proceder.
Terminación: - Arquivo da denuncia cando se considere infundada ou cando non se concreten ou identifiquen suficientemente os feitos ou as persoas denunciadas. - Iniciación das actuacións que procedan se existen indicios suficientes de veracidade nos feitos imputados e estes son descoñecidos pola Administración tributaria.
Formularios
Prazo de resolución
Non ten
Órgano de resolución
Axencia Estatal de Administración Tributaria
Información vinculada á tramitación electrónica
Sistema de identificación
DNI electrónico, Certificado electrónico, Outros, Clave PIN
Nivel de interactividade
Nivel 4: Tramitación electrónica
Normativa
Normativa básica
Ley 7/2012, de 29 de octubre,de modificación de la normativa tributaria y presupuestaria y de adecuación de la normativa financiera para la intensificación de las actuaciones en la prevención y lucha contra el fraude. Artículo 7. (BOE 30-octubre-2012)