Preguntas máis frecuentes
O Artigo 7 da Orde EHA/962/2007, recolle os aspectos referentes á dixitalización certificada de facturas en papel. Di o citado artigo, que a solicitude de homologación do software de dixitalización certificada, pódena efectuar empresas residentes en España ou na Unión Europea.
É o proceso tecnolóxico que permite, mediante a aplicación de técnicas fotoelectrónicas ou de escáner, converter a imaxe contida nun documento en papel a unha imaxe dixital codificada conforme a algún dos formatos estándares de uso común e cun nivel de resolución que sexan admitidos pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. Para iso cómpre usar un software de dixitalización homologado pola Axencia Tributaria. Está recollido no artigo 7 da Orde EHA/962/2007.
Está recollido no artigo 7 da Orde EHA/962/2007. Dirixir a documentación correspondente, que acredita que se cumpre cos requisitos recollidos no apartado 2 do artigo 7 da citada Orde, ao director do Departamento de Informática da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
A documentación pódese presentar en calquera Oficina de Rexistro de acordo co recollido no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE 02-10-2015)
Está recollido no artigo 7 da Orde EHA/962/2007, apartado 3. A solicitude de homologación dun software de dixitalización certificada, debe constar de:
- Declaración responsable do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde EHA/962/2007.
- Documentación acreditativa que conste de:
- Descrición das normas técnicas en que se basea o procedemento de dixitalización certificada, así como os protocolos ou normas e procedementos de seguridade, de control e de explotación referida á creación e consulta da base de datos documentais.
- O Plan de Xestión de Calidade que se realiza en todo o proceso de dixitalización e sinatura, e a súa influencia na imaxe obtida e os seus metadatos, así como a descrición do mantemento dos dispositivos.
- Un informe emitido por unha entidade de auditoría informática independente, con solvencia técnica acreditada no ámbito da análise e a avaliación da actividade desenvolvida, en que se exprese a opinión acerca do cumprimento por parte da entidade solicitante, das condicións establecidas na Orde citada anteriormente.
O prazo de resolución é de seis meses, contado desde a data de presentación da solicitude no Rexistro. Se a verificación non finalizase nese prazo, ou non se ditase resolución expresa, a solicitude poderá entenderse desestimada por silencio administrativo.