Nota sobre a forma de documentar a bonificación extraordinaria e temporal do prezo final de determinados produtos enerxéticos.
(Artigos 15 e 16 do Real Decreto-lei 6/2022, do 29 de marzo)
O artigo 15 do Real Decreto-lei 6/2022 aproba unha bonificación extraordinaria sobre o prezo de venda ao público de determinados produtos enerxéticos e aditivos, adquiridos entre os días 1 de abril e 30 de xuño de 2022 en instalacións de subministración de combustibles e carburantes polo miúdo ou a empresas que realicen vendas directas aos consumidores finais.
Esta bonificación farase efectiva mediante desconto sobre o prezo de venda ao público, impostos incluídos, equivalente ao importe da bonificación, que deberán aplicar en cada subministración as citadas instalacións e empresas.
Dende o 15 de abril de 2022, nos documentos que expidan as instalacións de subministración de combustibles e carburantes polo miúdo ou empresas que realicen vendas directas aos consumidores finais por subministracións ás que se aplique esta bonificación deberá constar polo menos unha das seguintes informacións:
O importe da operación, distinguindo o prezo antes de aplicar o desconto e despois de aplicar a bonificación, así como o importe da bonificación aplicada.
Referencia expresa á aplicación da bonificación recollida no Real decreto-lei 6/2002.
RECOMENDACIÓNS sobre a forma de incluír as mencións á bonificación no documento a expedir con ocasión da subministración:
EXEMPLO PARA O CASO DE QUE PROCEDA O DESCONTO DE 0,20 EUROS POR LITRO DIRECTAMENTE DENDE O ESTABLECEMENTO DE VENDA DIRECTA A CONSUMIDOR FINAL:
Para unha subministración nunha gasolineira de 1 litro de gasolina cun prezo de venda ao público de 1,8 euros por litros (prezo que NON inclúe o desconto de 0,05 euros litro do almacenista), recoméndase incluír as seguintes mencións no documento a expedir con ocasión da subministración:
Opción 1:incluír mencións ao prezo antes do desconto, o prezo despois da bonificación e o importe da bonificación aplicada.
PVP | 1,80 |
---|---|
BONIFICACIÓN/DESCONTO 0,20 € | 0,20 |
A PAGAR | 1,60 |
BONIFICACIÓN TOTAL | 0,20 |
O IVA nesta operación é (1,80/1,21) * 0,21 =0,31 euros.
Opción 2:incluír unha referencia expresa á aplicación da bonificación recollida no RD-lei 6/2022.
Esta referencia expresa é libre.
Como exemplo, as mencións poden facerse dalgunha das seguintes formas:
Como información adicional na factura:“Obtivo unha bonificación de 0,20 euros por litro, bonificados polo Estado segundo RD-lei 6/2022 de marzo de 2022.”
Como mención dentro do concepto do prezo de venda ao público:
PVP - INCLUÍDA BONIFICACIÓN RD-lei 6/2022 | 1,6 |
---|