Preguntas frecuentes sobre a PRIMEIRA axuda de 200 euros para persoas físicas
É unha axuda que consiste nun pagamento único de 200 euros, para as persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio, que sexan asalariados, autónomos ou desempregados.
Non teñen dereito á axuda quen, a data 27 de xuño de 2022:
- Perciban o Ingreso Mínimo Vital ou
- Perciban unha pensión abonada polo Réxime Xeral ou os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado, así como quen perciban prestacións análogas das mutualidades de previsión social alternativas ao RETA (Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónoma).
Poden pedir esta axuda aquelas persoas que, a 27 de xuño de 2022:
- Teñan residencia legal e efectiva en España e tivésena de maneira continuada e ininterrompida durante o ano inmediato anterior.
- Realicen unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou
- Estean inscritos como desempregados na oficina de emprego, estean cobrando ou non a prestación ou subsidio por desemprego.
- As rendas obtidas en 2021, incluídas as que perciban os conviventes, sexan inferiores a 14.000 euros íntegros (é dicir, o importe bruto percibido sen descontar gastos nin retencións) e o patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros.
Esta axuda pode solicitarse ata o 30 de setembro de 2022.
Si.
Para solicitar a axuda cómpre que a suma das rendas de todas as persoas que convivan no mesmo domicilio, obtidas en 2021, sexa inferior a 14.000 euros íntegros anuais (é dicir, o importe bruto percibido sen descontar gastos nin retencións) e o seu patrimonio inferior a 43.196,40 euros anuais. Os ingresos e o patrimonio determinaranse considerando os ingresos e o patrimonio de todas as persoas que residan co beneficiario nun mesmo domicilio a data 1 de xaneiro de 2022 e estean unidos entre si:
- como cónxuxe ou parella con polo menos dous anos de antelación
- por relación de parentesco ata o terceiro grao, incluídos os afíns (exemplos: fillos, irmáns, avós, tíos, nora, netos …),
- así como quen convivan con calquera dos anteriores en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
Débense ter en conta os ingresos e patrimonio das persoas que convivan co solicitante no mesmo domicilio a 1 de xaneiro de 2022 e teñan entre eles unha relación, que pode ser:
- matrimonial ou de parella con polo menos dous anos de antelación,
- relación de parentesco ata o terceiro grao incluído os afíns (exemplos: fillos, irmáns, avós, tíos, nora, netos …),
- así como quen convivan con calquera dos anteriores en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
Polo tanto, non se terán en conta os ingresos e patrimonio doutras persoas conviventes no mesmo domicilio que non estean unidas polos vínculos anteriores.
As relacións de parentesco ata o terceiro grao, incluídas tanto por consanguinidade como afinidade, serían aquelas que refiren ás relacións con fillos, pais, sogros, xenro/nora, avós, irmáns, netos, cuñados, tíos, sobriños, bisavós e bisnetos.
Os ingresos e a contía do patrimonio do beneficiario calcularanse de acordo co que se dispón no artigo 20, apartados 1, 4 e 5 da Lei 19/2021, do 20 de decembro, pola que se establece o Ingreso Mínimo Vital.
Polo tanto, para o computo do patrimonio non se terá en conta a vivenda habitual.
O prazo para a presentación destas solicitudes finalizou o 30 de setembro de 2022.
Non, non hai que achegar ningunha documentación.
A Seguridade Social e outra organismos públicos remitirán á AEAT a información necesaria para verificar o cumprimento dos requisitos necesarios para solicitar a axuda.
Os solicitantes desta axuda cuxo domicilio fiscal se encontre no País Vasco ou Navarra deberán solicitara ás Institucións Vascas ou Navarra.
Se o solicitante está de acordo cos motivos de denegación informados, pode desistir da súa solicitude, dando de baixa o formulario presentado.
Para realizar esta xestión cumprirá identificarse con cl@ve ou certificado electrónico. Tamén se pode desistir (baixa) da solicitude, en nome dun terceiro, por apoderamento ou colaboración social.
A axuda aboarase mediante transferencia bancaria.
Por tal motivo, cómpre indicar unha conta bancaria titularidade do solicitante para poder efectuar o pagamento da axuda. Transcorrido o prazo de tres meses desde a finalización do prazo de presentación do formulario sen haberse efectuado o pagamento, a solicitude poderá entenderse desestimada.
Para información xeral podes chamar ao teléfono de Información Tributaria Básica: 91 554 87 70 ou 901 33 55 33. De luns a venres, de 9 a 19 horas.