Instrucións para encher o formulario de alta de grupo
Para solicitar a alta de grupo debe enviar os seguintes documentos:
Documentación Complementaria Obrigatoria.
Cómpre enviar previamente ao formulario copia dos acordos polos que as entidades do grupo optaron polo réxime de consolidación fiscal e no caso de que a entidade dominante sexa non residente en territorio español, documento en que se designe á entidade representante debidamente legalizado
Formulario cumprimentado dispoñible no apartado “Información”.
Unha vez enviada a Documentación Complementaria Obrigatoria debe enviar o formulario incluíndo no mesmo o número do expediente de rexistro da presentación da Documentación Complementaria Obrigatoria que enviou previamente.
Cómpre encher todos os apartados do formulario:
-
Identificación das entidades que integran o grupo fiscal.
No caso de que a entidade dominante sexa non residente en territorio español incluirase, adicionalmente, a identificación desta . No caso de establecementos permanentes de entidades non residentes en territorio español incluirase, adicionalmente, a identificación da entidade non residente en territorio español á que pertencen aqueles.
-
Porcentaxes de Participación directa e indirecta.
-
Declaración Entidade Representante.
Manifestación pola entidade representante do cumprimento de todos os requisitos establecidos no Artigo 58. Definición do grupo fiscal. Entidade dominante. Entidades dependentes. da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto de Sociedades.