AVISO NOVIDADE.Orde HFP/188/2023, do 27 de febreiro
Modelo 179.Declaración Informativa ANUAL da cesión de uso de vivendas con fins turísticos.
Publicouse no Boletín Oficial do Estado con data 28 de febreiro de 2023, a Orde HFP/188/2023, do 27 de febreiro, pola que se aproba a relación de valores negociados en centros de negociación, co seu valor de negociación medio correspondente ao cuarto trimestre de 2022, para os efectos da declaración do Imposto Sobre o Patrimonio do ano 2022 e da declaración informativa anual acerca de valores, seguros e rendas, e pola que se modifica a Orde HAC/612/2021, do 16 de xuño, pola que se aproba o modelo 179, "Declaración informativa trimestral da cesión de uso de vivendas con fins turísticos" e establécense as condicións e o procedemento para a súa presentación.
A orde mencionada modifica o prazo de presentación da devandita declaración informativa, pois, analizado o contido desta, se considerou procedente que a súa presentación se realice con periodicidade anual.
Para iso modificouse, en primeiro lugar, o título da Orde HAC/612/2021, do 16 de xuño, que pasa a denominarse:
"Declaración informativa anual da cesión de uso de vivendas con fins turísticos"
Como queda dito anteriormente, modificouse tamén o prazo de presentación, que será o comprendido entre o 1 e o 31 de xaneiro de cada ano, en relación coa información e operacións que correspondan ao ano natural inmediato anterior, e actualizáronse en consecuencia as claves e valores permitidos a cumprir no campo “Período”.
O novo prazo de presentación previsto para o modelo 179 será aplicable, por primeira vez, ás declaracións informativas correspondentes ao exercicio 2023, que deberán presentarse en xaneiro de 2024.