Preguntas frecuentes
Saltar índice da informaciónDAC 7: Información para os vendedores
A DAC7 impón a obriga aos “operadores de plataformas obrigados a comunicar información” de remitir ás autoridades fiscais do Estado membro no que se rexistren determinada información sobre os vendedores que operen nas súas plataformas.
Posteriormente, a Administración tributaria que reciba esta información compartirá esta información coas autoridades fiscais do Estado membro de residencia do vendedor, e, no seu caso, do Estado no que radique o inmoble a través dun sistema de intercambio de información.
Así, o obxectivo da DAC7 non é a recadación dun novo imposto, se non que unicamente impón unha obriga de información nun dobre sentido:
Dun lado, os operadores de plataforma estarán obrigados a cumprir coas normas e procedementos de dilixencia debida, debendo obter, verificar e determinar a información relativa aos “vendedores”. Posteriormente, estes operadores deberán subministrar á Administración tributaria a información obtida sobre os “vendedores suxeitos a comunicación de información”.
Doutro lado, os propios vendedores deberán proporcionar a información requirida aos operadores de plataforma, para permitir que estes poidan cumprir coas súas obrigas de dilixencia debida.
Como consecuencia desta declaración informativa, a Administración tributaria recibe información detallada das plataformas. Non obstante, non existen cambios nas obrigas tributarias xa existentes para os vendedores.
Os operadores de plataforma estarán obrigados a informar sobre os vendedores que, durante o exercicio, realizasen algunha das seguintes actividades a cambio dunha contraprestación:
A venda de bens.
A prestación de servizos persoais.
O arrendamento ou cesión temporal de uso de bens inmobles, tanto de uso residencial como comercial, así como prazas de aparcadoiro.
O arrendamento de calquera medio de transporte.
Os vendedores deberán subministrar ao operador de plataforma a seguinte información:
Se o vendedor é unha persoa física:
Nome e apelidos.
Dirección principal.
Número de Identificación Fiscal, con indicación do Estado membro da Unión Europea ou xurisdición de emisión, ou, na súa ausencia, o seu lugar de nacemento.
Número de identificación para os efectos do Imposto sobre o Valor Engadido ou análogo, se é o caso.
Data de nacemento.
Se o vendedor é unha entidade:
Razón social.
Dirección principal.
Número de Identificación Fiscal, con indicación do Estado membro da Unión Europea ou xurisdición de emisión.
Número de identificación para os efectos do Imposto sobre o Valor Engadido ou análogo, se é o caso.
Número de rexistro da empresa, se é o caso.
Identificación dos establecementos permanentes dende os que se exercen actividades mencionadas anteriormente na Unión Europea, con indicación do Estado membro no que estean situados.
En caso de que a actividade realizada polo vendedor consista no arrendamento ou cesión temporal de bens inmobles, as obrigas de información son máis amplas, e inclúen:
A dirección de cada ben inmoble.
O número de referencia catastral do inmoble ou o equivalente que se estableza noutras xurisdicións.
Os documentos, datos ou información que acrediten que o ben inmoble comercializado pertence ao mesmo propietario cando se trate dun vendedor excluído.
A información a subministrar respecto de cada vendedor que realizase algunha actividade das mencionadas será:
Os datos indicados no apartado anterior.
O identificador da conta financeira.
O titular da conta financeira na que se paga ou aboa a contraprestación, se é distinto do vendedor e está a disposición do operador de plataforma, así como calquera outra información de identificación financeira de que dispoña o operador respecto deste titular.
Cada Estado membro ou Xurisdición socia na que o vendedor é residente.
A contraprestación total pagada ou aboada e o número de actividades por trimestre.
Comisiones, fianzas, tarifas, tributos e cantidades análogas retidas ou cobradas polo operador de plataforma durante cada trimestre.
Ademais, se a actividade pertinente realizada polo vendedor suxeito a comunicación de información leva consigo o arrendamento de bens inmobles, incluirase a seguinte información:
Dirección, e número de referencia catastral ou equivalente, se se coñecese.
Número de días que se arrendou cada inmoble durante o período e tipo de inmoble, se se coñecese.
Non, hai determinados vendedores respecto dos cales os operadores de plataforma non teñen a obriga de obter, recompilar e reportar información. Estes son os denominados como “vendedores excluídos”, e son os vendedores que cumpran calquera das seguintes condicións:
que sexan unha entidade estatal;
que sexan unha entidade cuxo capital social se negocia regularmente nun mercado de valores recoñecido ou unha entidade vinculada a unha entidade cuxo capital se negocia regularmente nun mercado de valores recoñecido;
que sexan unha entidade á que o operador de plataforma facilitase, no período de referencia, máis de 2.000 actividades pertinentes a través de arrendamentos ou cesións temporais de uso con respecto a un ben inmoble comercializado, ou
ao que o operador de plataforma facilitase, mediante a venda de bens, menos de trinta actividades pertinentes, polas que o importe total da contraprestación pagada ou aboada non superase os 2.000 euros durante o período de referencia.
Os operadores de plataforma determinarán se estes vendedores son efectivamente “vendedores excluídos” baseándose en información publicamente dispoñible ou nos seus propios rexistros.
Todo operador de plataforma deberá informar a cada vendedor persoa física suxeito a comunicación de información que a información será subministrada á Administración tributaria e transferida ao Estado que corresponda conforme á Directiva e os acordos internacionais correspondentes.
Así mesmo, o operador facilitará á persoa física con suficiente antelación toda a información que esta teña dereito a recibir para que poida exercer o seu dereito á protección dos seus datos persoais e, en calquera caso, antes de que a información por el recompilada sexa subministrada á Administración tributaria.