Modelo vixente en períodos anteriores
A opción de descarga en PDF que se facilita nesta páxina unicamente será válida para autoliquidacións de períodos anteriores ao exercicio 2015
A apertura do ficheiro PDF co propio navegador inactiva a función de "xerar código" do modelo PDF.
Polo tanto, deberanse seguir as seguintes instrucións para a descarga e posterior cumprimentación do modelo PDF:
- Efectuar a descarga con calquera navegador, e gardar o ficheiro PDF nalgún directorio local.
- Abrir o ficheiro PDF coa opción "Abrir con" o lector de PDF "Adobe reader".
- Pulsar "Encher formulario, para xerar novo Nº de xustificante e cumprir o modelo"
Se nalgún momento aparece a mensaxe de "Javascript está desactivada", deberá activarse.
Nota: Ao abrir o ficheiro PDF con EDGE ou Chrome, sairalle o seguinte aviso ou mensaxe:
"ESTE DOCUMENTO FOI ALTERADO. Non é posible abrir este documento. Recorde que a AEAT facilita os documentos PDF "como están, e non está permitido realizar modificacións á súa estrutura".
O devandito aviso débese á incorporacion no ficheiro PDF do código necesario para facilitar a cumprimentación do modelo por parte do usuario, así como para xerar o Número de Xustificante e o seu código de barras, polo que debe facer caso omiso da devandita mensaxe, ao non supoñer neste caso ningun risco de seguridade.