Modelo vixente en períodos anteriores
A apertura do ficheiro PDF co propio navegador inactiva a función de "xerar código" do modelo PDF.
Polo tanto, deberanse seguir as seguintes instrucións para a descarga e posterior cumprimentación do modelo PDF:
- Efectuar a descarga con calquera navegador, e gardar o ficheiro PDF nalgún directorio local.
- Abrir o ficheiro PDF coa opción "Abrir con" o lector de PDF "Adobe reader".
Se nalgún momento aparece a mensaxe de "Javascript está desactivada", deberá activarse.
Nota:Ao abrir o ficheiro PDF con EDGE ou Chrome, sairalle o seguinte aviso ou mensaxe:
"ESTE DOCUMENTO FOI ALTERADO.Non é posible abrir este documento.Recorde que a AEAT facilita os documentos PDF "como están", e non está permitido realizar modificacións á súa estrutura".
O devandito aviso débese á incorporacion no ficheiro PDF do código necesario para facilitar a cumprimentación do modelo por parte do usuario, así como para xerar o Número de Xustificante e o seu código de barras, polo que debe facer caso omiso da devandita mensaxe, ao non supoñer neste caso ningun risco de seguridade.
De acordo co art. 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 e o artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase que os datos persoais que vai facilitar serán tratados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria coa finalidade da aplicación efectiva do sistema tributario estatal e alfandegueiro.Poderá encontrar máis información sobre os posibles tratamentos e o procedemento para exercer os dereitos establecidos nos artigos 15 a 22 do regulamento no seguinte enlace:Información ao interesado sobre protección de datos