Instrucións de formalización do modelo normalizado
Antes de completar o presente modelo é conveniente que lea as seguintes instrucións:
1. INSTRUCIÓNS XERAIS
Este modelo normalizado de solicitude de devolución de ingresos indebidos corresponde exclusivamente a solicitudes de devolución do Imposto sobre as Vendas Polo miúdo de Determinados Hidrocarburos (IVMDH) formuladas por quen soportasen a repercusión deste imposto (consumidores finais dos produtos gravados).
A súa utilización é voluntaria para os interesados, quen poderán optar entre a utilización deste modelo ou a presentación das súas solicitudes sen arranxo a modelo.
A utilización do modelo normalizado presupón que o interesado xustifica a súa solicitude de devolución na sentenza do 27 de febreiro de 2014 do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que declara que a normativa comunitaria se opón a un imposto como o de Vendas Polo miúdo de Determinados Hidrocarburos, xa que non pode considerarse que este imposto perseguise unha finalidade específica.
A presentación do modelo será electrónica por Internet, a través da Sede electrónica da AEAT. Con esta finalidade, o presentador deberá dispor de sistema de sinatura electrónica avanzada que acredite a súa identidade.
2. DATOS IDENTIFICATIVOS E DE CONTACTO
Os solicitantes (consumidores finais) deben identificarse, e identificar o suxeito pasivo que lles repercutiu o imposto que soportaron e polo que solicitan a devolución.
Cada solicitude unicamente permite identificar un suxeito pasivo, xa que o órgano competente para a resolución será o competente en función do domicilio do suxeito pasivo. Cando un mesmo solicitante teña subministracións de varios suxeitos pasivos, deberá presentar un modelo normalizado por cada suxeito pasivo que lle repercutiu as cotas do IVMDH polas que solicita a devolución.
O suxeito pasivo identificado deberá ingresar o IVMDH cuxa devolución se solicita.
As devolucións correspondentes ás solicitudes presentadas mediante este modelo realizaranse mediante transferencia bancaria á conta cuxo IBAN se consigne nos datos de contacto da solicitude.
3. SUBMINISTRACIÓNS OBXECTO DE SOLICITUDE DEVOLUCIÓN IVMDH
O interesado presentará neste apartado unha relación, de acordo co formato definido nas instrucións específicas de importación de ficheiros para este campo, das facturas xustificantes das repercusións do IVMDH que soportou polas que solicita a devolución do imposto. O emisor da factura debe coincidir co suxeito pasivo identificado na solicitude.
O IVMDH deixou de estar vixente o 31/12/2012, polo que non se devolverá por subministracións realizadas en 2013. Tampouco se devolverá por períodos anteriores a 2010 (xa prescritos), non sendo que o solicitante poida acreditar a interrupción da prescrición, debendo neste caso marcar o recadro habilitado no grupo de datos de contacto.
A presentación da relación de facturas non exime ao solicitante de presentar as facturas que serven de base a esta relación. Así, as facturas, e calquera outra documentación xustificativa do dereito á devolución do solicitante, poderanse achegar, a elección do interesado:
- en soporte físico ante o órgano competente, con indicación do número de referencia da solicitude, unha vez admitida esta.
- en soporte informático ante o órgano competente, con indicación do número de referencia da solicitude, unha vez admitida esta.
Os tíckets que reúnen os requisitos esixidos pola normativa para xustificar o dereito á devolución consideraranse, para os efectos deste modelo, coma se fosen facturas.