Instrucións
INSTRUCIÓNS PARA A FORMALIZACIÓN DO MODELO 696 con devindicacións a partir do 24/02/2013.
TAXA POLO EJERCICO DA POTESTADE JURISDICCCIONAL NAS ORDES CIVÍS, CONTECIOSO-ADINISTRATIVO E SOCIAL. AUTOLIQUIDACIÓN.
-
PERSOA QUE REALIZA A AUTOLIQUIDACIÓN
“NIF ”: Consignarase o número de identificación fiscal (NIF ) asignado en España da persoa que realice a autoliquidación.
“Apelidos e nome, razón social ou denominación ”:
Para persoas físicas, consignarase o primeiro apelido, o segundo apelido e o nome completo, neste mesmo orde.
Para persoas xurídicas e entidades, consignarase a razón social ou a denominación completa da entidade, sen anagramas.
Sinale cunha “X” no recadro correspondente, recadro 01 ou 02, en calidade de que realiza a autoliquidación a persoa ou entidade identificada neste apartado.
-
DEVINDICACIÓN
Exercicio: deberá consignar as catro cifras do ano ao que corresponde a declaración.
-
CONTRIBUÍNTE
“NIF ”: Se o contribuínte dispón de número de identificación fiscal (NIF ) asignado en España, consignarase neste recadro.
Recadro 03 (“F/J) ”: Faga constar unha F se o contribuínte é unha persoa física e unha J se se trata dunha persoa xurídica ou entidade.
“Apelidos e nome, razón social ou denominación ”: Para persoas físicas, consignarase o primeiro apelido, o segundo apelido e o nome completo, neste mesmo orde. Para persoas xurídicas e entidades, consignarase a razón social ou a denominación completa da entidade, sen anagramas.
“NIF no país de residencia ”: En defecto de NIF asignado en España, se o contribuínte dispón de número de identificación fiscal asignado no seu país ou territorio de residencia consignarase neste recadro.
“Data de nacemento” cando no recadro “F/J” fágase constar unha F, indicarase a data de nacemento do contribuínte (día/mes/ano).
“Lugar de nacemento ”: cando no recadro “F/J” fágase constar unha F, indicarase o lugar de nacemento do contribuínte. Este apartado subdivídese en dous:
-
“Cidade ”: consignarase o municipio e, se é o caso, a provincia ou rexión ou departamento correspondente ao lugar de nacemento.
-
“Código país ”: consignarase o código do país ou territorio correspondente ao lugar de nacemento do contribuínte, de acordo coas claves de países que se relacionan na folla adxunta.
“Residencia fiscal: Código País ”: consignarase o código do país ou territorio de residencia fiscal do contribuínte, de acordo coas claves de países que se relacionan na folla adxunta.
“Enderezo no país de residencia ”: cubriranse os datos do enderezo no país de residencia que procedan tendo en conta as indicacións particulares que de seguido se sinala.
-
“Domicilio ”: consignarase o enderezo correspondente ao domicilio no país de residencia; tipo de vía (rúa, praza, avenida, estrada...), nome da vía pública, número de casa, ou, se é o caso, punto quilométrico, etc.
-
“Datos complementarios do domicilio ”se é o caso, faranse constar os datos adicionais que resulten necesarios para a completa identificación do domicilio.
-
“Poboación/cidade ”: consignarase o nome da poboación ou cidade en que se encontra situado o domicilio.
-
“Código postal (ZIP)” consignarase o código postal correspondente ao domicilio.
-
-
EXENCIÓNS PARCIAIS
Recadro 04 : Marcarase unha “X” no recadro 04, cando resulte aplicable a exención prevista na orde social para os traballadores, xa sexan por conta allea ou autónomos, pola interposición dos recursos de suplicación e casación.
Recadro 05 : Marcarase unha “X” no recadro 05, cando resulte aplicable a exención prevista na orde contencioso-administrativa para os funcionarios públicos cando actuen en defensa dos seus dereitos estatutarios pola interposición dos recursos de apelación e casación.
-
BASE IMPOÑIBLE
No recadro 06 farase constar o importe correspondente á base impoñible da taxa, sendo esta a contía do procedemento xudicial ou recurso, determinada de acordo coas normas procesuais.
NOTA: Consideraranse, para os efectos da determinación da base impoñible, como procedementos de contía indeterminada os procesos regulados no capítulo IV do título I do Libro IV da Lei de Enxuizamento Civil (dos procesos matrimoniais e de menores) non exentos do aboamento da taxa.
Os procedementos de contía indeterminada ou aqueles en que resulte imposible a súa determinación de acordo coas normas da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, valoraranse en 18.000 euros de contía aos sos efectos de establecer a base impoñible desta taxa.
Nos supostos de acumulación de accións ou nos casos en que se reclamen distintas pretensións nunha mesma demanda, reconvención ou interposición de recurso, para o cálculo da taxa tera en contase a suma das contías correspondentes ás pretensións exercitadas ou as distintas accións acumuladas. No caso de que algunha das pretensións ou accións acumuladas non fóra susceptible de valoración económica, aplicarase a esta a regra sinalada no apartado anterior.
-
LIQUIDACIÓN
-
CANTIDADE FIXA EN FUNCIÓN DA CLASE DE PROCESO:
Recadro da 07 á 19 : marcará unha “X” no recadro correspondente ao feito impoñible que motiva a presentación da declaración-liquidación.
Recadro 20 : consignará o importe que figura á dereita do recadro marcado como feito impoñible.
-
CANTIDADE VARIABLE:
-
Persoa Xurídica. Se consigno unha “J” no recadro 03 por ser unha persoa xurídica, cubra o apartado correspondente á cantidade variable de persoa xurídica de acordo coas seguintes instrucións:
Recadro 21 : consigne o importe da base impoñible se é inferior a 1.000.000 de euros; noutro caso, consigne o importe de 1.000.000 €.
Nota: os procedementos de contía indeterminada ou aqueles en que resulte imposible a súa determinación de acordo coas normas da Lei de Enxuizamento Civil, valoraranse en 18.000 € de contía aos sos efectos de establecer a base impoñible desta taxa.
Recadro 22: indique o resultado de aplicar ao importe consignado no recadro 21 o tipo do 0,5 %.
Recadro 23: consigne o importe do resto da base impoñible, isto é, o exceso resultante de restar á base impoñible a cantidade de 1.000.000 de euros.
Recadro 24: indique o resultado de aplicar ao recadro (23) o tipo do 0,25 %.
-
Persoa Física. Se consigno unha “F” no recadro 03 por ser unha persoa física, cubra o apartado correspondente á cantidade variable de persoa física de acordo coas seguintes instrucións:
Recadro 25: consigne o importe da base impoñible (coincidente co importe consignado no recadro (06)).
Recadro 26: indique o resultado de aplicar ao importe consignado no recadro 25 o tipo do 0,1 %.
Recadro 27:
-
Persoa Xurídica: Se no recadro (03) consígnose unha “J” por ser o contribuínte unha persoa xurídica, o recadro (27) consignará o resultado da operación indicada a continuación. O importe deste recadro (27) será como máximo 10.000 euros.
(27) = (22) + (24)
-
Persoa Física: Se no recadro 03 consígnose unha “F” por ser o contribuínte unha persoa física, o recadro (27) consignará o importe do recadro 26. Neste caso o importe do recadro (27) será como máximo 2000 euros.
-
-
LÍMITES, EXENCIÓNS, BONIFICACIÓNS E DEDUCIÓNS:
Límite:
Recadro 28: Marcarase unha “X” neste recadro cando se interpoña un recurso contencioso-administrativo que teña por obxecto a impugnación de resolucións sancionadoras.
Recadro 29: Cando se marcase o recadro (28) cunha “X”, neste recadro consignarase o resultado de aplicar ao importe consignado no recadro (06), o 50 %. A operación será a seguinte:
(29) = (06) * 0,50
O importe que resulte desta operación será a máxima contía da taxa (incluída a cantidade variable) que procederá nos casos de interposición dun recurso contencioso administrativo que teña por obxecto a impugnación de resolucións sancionadoras.
Exencións parciais:
Recadro 30 : Exención parcial do 60 %da contía da taxa na orde social para traballadores por conta allea ou autónomos pola interposición de recurso de suplicación ou de casación. Cubrirase este recadro se se marcase previamente o recadro (04) cunha “X”. Consignarase neste recadro, o importe correspondente á exención, que será o resultado da operación seguinte:
(30) = [(20) + (27)] * 0,60
Recadro 31: Exención parcial do 60 %da contía da taxa na orde contencioso-administrativa para os funcionarios públicos cando actuen en defensa dos seus dereitos estatutarios pola interposición dos recursos de apelación e casación. Cubrirase este recadro se se marcase previamente o recadro (05) cunha “X”. Consignarase neste recadro, o importe correspondente á exención, que será o resultado da operación seguinte:
(31) = [(20) + (27)] * 0,60
No caso de que ademais de tratarse dun recurso ao que lle resulta aplicable esta exención parcial, cubrísese o recadro (28) por responder á impugnación dunha resolución sancionadora, neste caso o importe que debe consignarse no recadro 31 será o indicado na operación anterior non sendo que resulte aplicable o límite máximo que figura no recadro 29 en cuxo caso a porcentaxe do 60 %aplicarase sobre o importe deste último recadro.
Recadro 32: Bonificación no caso de que se utilicen medios telemáticos na presentación de escrítosos que orixinan a esixencia da taxa e no resto das comunicacións cos xulgados e tribunais nos termos que estableza a lei que os regule. Consignarase neste recadro o resultado de aplicar o 10 % á taxa por actividade xudicial.
(32) = [(20) + (27) – (30) – (31)] * 0,10
Se no recadro 28 marcouse unha “X”, e o importe do recadro (29) é inferior á suma dos recadros (20) e (27), o importe desta bonificación será o seguinte:
(32) = [(29) – (30) – (31)] * 0,10
Recadro 33: Desconto aplicable na orde civil, cando despois da oposición do debedor nun monitorio sígase un proceso ordinario. Farase constar neste recadro o importe xa aboado en concepto de taxa polo devandito proceso monitorio.
Recadro 34: Consignarase o número de xustificante identificativo da autoliquidación da taxa do proceso monitorio obxecto de desconto no recadro 33.
Recadro 35: consigne neste recadro o resultado da operación indicada no impreso de declaración:
(35) = [(20) + (27) – (30) – (31) – (32) – (33)]
Se no recadro 28 marcouse unha “X”, e o importe do recadro (29) é inferior á suma dos recadros (20) e (27), o importe desta bonificación será o seguinte:
(35) = [(29) – (30) – (31) – (32) – (33)]
Recadro 36: exclusivamente no suposto de declaración complementaria, farase constar o resultado da declaración ou declaracións anteriormente presentadas por este mesmo concepto.
Recadro 37: consigne neste recadro o resultado da operación indicada no impreso da declaración:
(37) = (35) – (36)
-
-
DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA
Recadro 38: Marcarase unha “X” neste recadro cando esta declaración sexa complementaria doutra ou outras declaracións presentadas anteriormente polo mesmo proceso xudicial.
Na declaración complementaria faranse constar coas súas contías correctas todos os datos a que se refiren os recadros do modelo 696, que substituirán por completo aos reflectidos en idénticos recadros da declaración anterior.
Recadro 39: Cubrirase este recadro coa data de firmeza da resolución que incrementa a contía do procedemento en curso con respecto ao que se presenta a declaración complementaria.
Recadro 40: Cando se marcase o recadro (38) e se é o caso a (39) farase constar neste recadro o número identificativo de trece díxitos correspondentes á declaración á que complementa esta declaración complementaria
-
DATA E SINATURA
Espazo reservado para data e sinatura do declarante.
-
INGRESO
Indique o importe consignado no recadro (37) e marque cunha “X” a forma de pagamento.