Saltar ao contido principal
Información ao interesado sobre protección de datos

5.100. Axudas sociais

Descrición da actividade

Tratamento de datos persoais das empregadas e empregados públicos e, se é o caso, dos membros da súa unidade familiar para a xestión do expediente que se expediente que se inicia, a petición do interesado/a, para solicitar as axudas do plan de acción social da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Finalidade

Dar cumprimento ao Plan de Acción Social da Axencia Estatal de Administración Tributaria, de acordo cos requisitos xerais e específicos, recollidos nas bases xerais e específicas de cada unha das axudas.

Lexitimación

O tratamento realízase conforme ao artigo 6.1.e do Regulamento 2016/679 (UE), xa que cómpre para o exercicio dos poderes públicos conferidos á Axencia Tributaria polo artigo 103 da Lei 31/1990, do 27 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado para 1991.

Adicionalmente, o artigo 17.1 da Lei 35/2006, do Imposto sobre a Renda das Persoas físicas, se expresa no seguinte sentido: “Consideraranse rendementos íntegros do traballo todas as contraprestacións ou utilidades, calquera que sexa a súa denominación ou natureza, monetarias ou en especie, que deriven, directa ou indirectamente, do traballo persoal ou da relación laboral ou estatutaria e non teñan o carácter de rendementos de actividades económicas”.

En consecuencia, as axudas de acción social serían contraprestacións monetarias que derivan da relación de servizo dos empregados públicos coa Administración.

O artigo 6.1.b do Regulamento 2016/679 (UE), sinala que  “O tratamento será lícito se se cumpre polo menos unha das seguintes condicións: (…) b) o tratamento cómpre para a execución dun contrato en que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas contractuais (…)”.

En virtude deste precepto, o tratamento de datos é lícito, e non requirirá consentimento por parte do interesado, sempre que se trate de datos relativos a el mesmo ou de menores de 14 anos que se encontren baixo a súa patria potestade, así como de persoas que se encontren baixo a súa tutela, cando o tratamento de datos se realice para o cumprimento de relacións contractuais de carácter laboral.

Por veces para o cumprimento das súas obrigas en relación coas empregadas e os empregados públicos, a Administración ten que realizar tratamentos de determinados datos aos que se refire o Regulamento da UE, no seu artigo 9, como  “categorías especiais de datos”.

Así, o artigo 9.1 do citado Regulamento sinala que  “Quedan prohibidos o tratamento de datos que revelen a orixe étnica ou racial, as opinións políticas, as conviccións relixiosas ou filosóficas, ou a afiliación sindical, e o tratamento de datos xenéticos, datos biométricos dirixidos a identificar de maneira unívoca a unha persoa física, datos relativos á saúde ou datos relativos á vida sexual ou as orientacións sexuais dunha persoa física”.

Non obstante, no apartado 2, establécense unha serie de excepcións en que tales datos poderán ser tratados. En concreto a letra b) deste apartado 2 indica o seguinte: “O apartado 1 non será de aplicación cando concorra unha das circunstancias seguintes: (…) b) o tratamento cómpre para o cumprimento de obrigas e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social (…)”.

Para a xestión de axudas de acción social en que se precisa o tratamento de datos de familiares do empregado/a público, agás menores de 14 anos e / ou persoas suxeitas á súa tutela, este ten que achegar datos dunha terceira persoa, a cal xa non está vinculada por unha relación de servizo coa Axencia Tributaria.

Por iso, para o tratamento de datos de familiares que sexan maiores de 14 anos, e aqueles que non estean baixo a tutela do empregado/a público, resulta necesario o consentimento do titular do dato, sendo a base de lexitimación o artigo 6.1.a e artigo 9.2.a do RGPD .

Artigo 6. 1. O tratamento só será lícito se se cumpre polo menos unha das seguintes condicións:

  1. o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos ;

Artigo 9. 2. O apartado 1 non será de aplicación cando concorra unha das circunstancias seguintes:

  1. o interesado deu o seu consentimento explícito para o tratamento dos devanditos datos persoais cun ou máis dos fins especificados, agás cando o Dereito da Unión ou dos Estados membros estableza que a prohibición mencionada no apartado 1 non pode ser erguida polo interesado;

Interesados

  • Empregadas e empregados públicos da AEAT
  • Membros da unidade familiar das devanditas empregadas e empregados públicos.

Datos

  • Saúde (datos solicitados e tratados con consentimento expreso das persoas interesadas)
  • NIF/DNI, Nome e Apelidos
  • Datos de contacto (Enderezo, Teléfono, Móbil, Correo electrónico)
  • Data de nacemento, idade, sexo.
  • Datos de emprego (posto de traballo, historial)
  • Datos familiares (estado civil, número de fillos, ascendentes ao seu cargo …)
  • Datos académicos e profesionais
  • Datos económicos e financeiros

Tratamentos

  • Recollida
  • Rexistro
  • Almacenaxe
  • Estruturación
  • Modificación
  • Actualización
  • Copia
  • Análise
  • Consulta
  • Extracción
  • Difusión
  • Interconexión
  • Limitación
  • Supresión
  • Destrución
  • Outros

Destinatarios

  • Seguridade Social, MUFACE
  • As empregadas e empregados públicos da Subdirección Adxunta de Igualdade e Políticas Sociais (un número reducido de usuarios/as xestores teñen acceso á documentación)
  • Persoal médico do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Transferencias internacionais

Non se prevén

Elaboración de perfís

Non se elaborarán  perfís utilizando datos persoais, sen prexuízo de que poidan utilizarse, previa anonimización de xeito que o interesado non sexa identificado nin identificable, para realizar os estudos e análise de datos que sexan precisos para asistir na avaliación das políticas de RRHH  da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e na toma de decisións.

Medidas técnicas/organizativas

Todos os datos tratados foron avaliados a través dunha análise de riscos, obtendo a relación de medidas técnicas e organizativas a aplicar.

As devanditas medidas foron aplicadas de acordo co Plan de adecuación aprobado.