Saltar ao contido principal
Información ao interesado sobre protección de datos

5.101. Bolsas de promoción interna

Descrición da actividade

Tratamento de datos persoais das empregadas e empregados públicos para a xestión das bolsas de promoción interna.

Finalidade

A convocatoria, xestión, resolución, recursos e reclamacións das bolsas destinadas a fomentar a participación e facilitar a preparación das probas selectivas de acceso, polo sistema de promoción interna, aos Corpos e especialidades adscritos á Axencia Tributaria.

Lexitimación

O tratamento realízase conforme ao artigo 6.1.e do Regulamento 2016/679 (UE), xa que cómpre para o exercicio dos poderes públicos conferidos á Axencia Tributaria polo artigo 103 da Lei 31/1990, do 27 de decembro de Orzamentos Xerais do Estado para 1991.

Adicionalmente, o artigo 17.1 da Lei 35/2006, do Imposto sobre a Renda das Persoas físicas, se expresa no seguinte sentido: “Consideraranse rendementos íntegros do traballo todas as contraprestacións ou utilidades, calquera que sexa a súa denominación ou natureza, monetarias ou en especie, que deriven, directa ou indirectamente, do traballo persoal ou da relación laboral ou estatutaria e non teñan o carácter de rendementos de actividades económicas”.

En consecuencia, as bolsas proporcionadas serían contraprestacións monetarias que derivan da relación de servizo dos empregados públicos coa Administración.

O artigo 6.1.b do Regulamento 2016/679 (UE) sinala que “O tratamento será lícito se se cumpre polo menos unha das seguintes condicións: (…) b) o tratamento cómpre para a execución dun contrato en que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas contractuais (…)”.

En virtude deste precepto, o tratamento de datos é lícito, e non requirirá consentimento por parte do interesado cando o tratamento de datos se realice para o cumprimento de relacións contractuais de carácter laboral.

No caso de empregados públicos de corpos non adscritos á Axencia Tributaria, e de conformidade coa Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o tratamento realízase conforme ao artigo 6.1.c do Regulamento 2016/679 (UE), xa que cómpre para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento.

Interesados

Persoas solicitantes no proceso.

Datos

Datos persoais, profesionais e económicos.

Tratamentos

  • Recollida
  • Rexistro
  • Almacenaxe
  • Estruturación
  • Modificación
  • Actualización
  • Copia
  • Análise
  • Consulta
  • Extracción
  • Difusión
  • Interconexión
  • Limitación
  • Supresión
  • Destrución
  • Outros

Destinatarios

O Departamento de Recursos Humanos da Axencia Tributaria.

Transferencias internacionais

Non se prevén.

Elaboración de perfís

Non se elaborarán  perfís utilizando datos persoais, sen prexuízo de que poidan utilizarse, previa anonimización de xeito que o interesado non sexa identificado nin identificable, para realizar os estudos e análise de datos que sexan precisos para asistir na avaliación das políticas de RRHH  da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e na toma de decisións.

Medidas técnicas/organizativas

Todos os datos tratados foron avaliados a través dunha análise de riscos, obtendo a relación de medidas técnicas e organizativas a aplicar.

As devanditas medidas foron aplicadas de acordo co Plan de adecuación aprobado.