5.102. Utilización de aplicacións e bases de datos corporativos para a formación interna
Descrición da actividade
Utilización de aplicacións informáticas corporativas con datos tributarios reais co obxectivo de formar a persoal ao servizo da Axencia Tributaria. Trátase de formar o persoal (substancialmente, actuarios e persoal de novo ingreso) no uso das ferramentas propias do seu traballo ordinario.
Finalidade
Formación para a aplicación efectiva do sistema tributario estatal e aduaneiro.
Lexitimación
O artigo 6 do Regulamento 2016/679 (UE), relativo á licitude do tratamento, neste caso no apartado 1, letra e) en que se sinala que “O tratamento será lícito se se cumpre polo menos unha das seguintes condicións: (…) o tratamento cómpre para o (…) exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento (…)”.
Interesados
- Contribuíntes e suxeitos obrigados na tramitación de actuacións da Axencia Tributaria, amparadas pola lexislación tributaria e os representantes legais
- Clientes ou provedores
- Calquera español ou estranxeiro con DNI, NIE ou NIF
Datos
- Datos persoais.
- Datos con transcendencia tributaria.
Tratamentos
- Recollida
- Rexistro
- Almacenaxe
- Estruturación
- Modificación
- Actualización
- Copia
- Análise
- Consulta
- Extracción
- Difusión
- Interconexión
- Limitación
- Supresión
- Destrución
- Outros
Destinatarios
Uso interno entre o persoal ao servizo da Axencia Tributaria
Transferencias internacionais
Non se prevén
Elaboración de perfís
De acordo coas accións encomendadas á AEAT para o exercicio das súas funcións, os datos das actividades poderán ser tratados para a análise e minaría de datos.
Medidas técnicas/organizativas
Todos os datos tratados foron avaliados a través dunha análise de riscos, obtendo a relación de medidas técnicas e organizativas a aplicar.
As devanditas medidas foron aplicadas de acordo co Plan de adecuación aprobado.