Saltar ao contido principal

Medidas fiscais na Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular

No Boletín Oficial do Estado do 9 de abril de 2022 publicouse a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

A norma regula no seu título VII dous novos impostos ambientais: o Imposto especial sobre envases de plástico non reutilizables (artigos 67 a 83, ambos os dous incluídos) e o Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e coincineración de residuos (artigos 84 a 97, ambos os dous incluídos). Ambos os dous impostos entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2023.

Pola súa banda, a disposición final terceira establece o réxime fiscal no IVE das doazóns de produtos a entidades sen fins lucrativos, definidas de acordo co que se dispón no artigo 2 da Lei 49/2002, do 23 de decembro:

  • Para os efectos de determinar a base impoñible do autoconsumo, presumirase que tivo lugar unha deterioración total dos bens. (art. 79.Tres.3ª LIVE)

  • Aplicarase o tipo do cero por cento (art. 91.Catro LIVE). Debe terse en conta que a Directiva IVE, recentemente modificada pola Directiva 2022/542 do Consello do 5 de abril de 2022 establece no seu artigo 98 as entregas de bens que poden gravarse con tipos inferiores ao 5 %

Para que resulte de aplicación o anterior, os bens deberán destinarse polas devanditas entidades aos fins de interese xeral que desenvolvan de acordo co disposto polo artigo 3, apartado 1º, da Lei 49/2002.

Ley 7/2022, de 8 de abril,

de residuos y suelos contaminados para una economía circular.