Saltar ao contido principal

Inicio Campaña Renda e Patrimonio 2020

A partir do 7 de abril xa pode presentar a declaración da Renda 2020 por Internet a través de Renda WEB ou pola APP.Tamén están dispoñibles todos os servizos de axuda para a presentación por Internet da declaración do imposto e para a consulta, modificación ou confirmación do borrador.  

Está dispoñible tamén unha versión máis desenvolvida da APP, que lle permitirá realizar as xestións relativas á campaña de Renda dende o seu dispositivo móbil.  

Os afectados por ERTE e os perceptores de Ingreso Mínimo Vital contarán cun reforzo de asistencia personalizada. 

Estableceuse unha liña de fraccionamento en seis meses sen intereses para contribuíntes en ERTE con resultado a ingresar. 

A declaración de Patrimonio 2020 pode presentala tamén a partir do 7 de abril, só a través de Internet.