Novas ferramentas de asistencia virtual
- Ferramentas de Asistencia Virtual de Censos
Incorporáronse dentro das ferramentas de asistencia virtual, dúas novas ferramentas censuais:o "Informador censual" e o "Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias";
O "Informador censual" ofrece información sobre os principais trámites censuais como NIF, IAE, apoderamentos, sistemas de identificación dixital, certificados tributarios ou comprobacións censuais.Se está rexistrado no sistema Cl@ve ou ten un certificado electrónico poderá recibir unha copia da conversación en formato PDF no seu correo electrónico.
O "Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias", segundo sexa unha persoa física ou xurídica, residente ou non, e sobre a base da actividade económica seleccionada, ofreceralle a información referente á epígrafe de IAE e ás obrigas tributarias que leva consigo o exercicio da actividade (Imposto de Actividades Económicas, IVE, Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades e as obrigas como retedor).
Acceso ao Buscador de actividades e as súas obrigas tributarias
- Ferramenta de Asistencia Virtual de IRPF
Incorporouse dentro das ferramentas de asistencia virtual o Informador de Renda 2020 que contén as respostas ás preguntas máis frecuentes sobre o IRPF (mínimos persoais e familiares, opcións de tributación, deducións, como declarar os rendementos de inmobles...) así como as cuestións máis novidosas da Renda 2020 como son os ERTE e o ingreso mínimo vital (IMV).Respecto a ERTE e IMV habilitouse, ademais, un servizo de chat atendido por especialistas.Así, se ten unha dúbida que non puido resolver co Informador, poderá formulárllela aos nosos especialistas.
- INFORMA+
Co novo ‘INFORMA+’, os contribuíntes poden formular cuestións de carácter tributario para as que obterán unha resposta por escrito personalizada preparada polos nosos especialistas.Ademais, os contribuíntes poderán acceder a todas as súas consultas a través da opción de "Os meus Expedientes" da Sede Electrónica.Para facer uso deste servizo é necesario estar rexistrado en Cl@ve ou dispoñer de certificado electrónico.
Polo momento este servizo ofrece información sobre IVE, Subministración Inmediata de Información (SII, Libros rexistro de IVE on-line) e censos.
Pode acceder ao INFORMA+ a través de:
- As ferramentas de asistencia virtual cando a resposta do asistente non sexa concluínte ou ben non sexa satisfactoria para o usuario.
- O procedemento "Contestación a solicitudes de información tributaria" da Sede Electrónica