Ampliación vixencia uso de certificados electrónicos caducados
En relación á medida adoptada, de acordo co previsto en Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, para permitir o uso de certificados electrónicos caducados pola situación provocada pola COVID-19, infórmase que co obxectivo de dar tempo a regularizar os certificados electrónicos na situación actual, onde se debe reducir a capacidade de atención presencial para garantir o distanciamento social, e que todos os contribuíntes que se encontren nesta situación poidan proceder á renovación dos seus certificados electrónicos, permitirase o uso destes certificados na Sede electrónica da Axencia Tributaria ata o 31 de xullo.
É posible que o seu navegador habitual non llo permita en cuxo caso deberá proceder a modificar a data do sistema a unha data anterior á caducidade para que poida utilizalo.
Se ten dúbidas sobre cuestións técnicas informáticas pode chamar aos seguintes teléfonos:
Teléfono:901 200 347 o 91 757 57 77.
Para información en catalán:93 442 27 64