Saltar ao contido principal

Suspéndense os prazos administrativos debido ao estado de alarma pero non se interrompen os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións tributarias

O 14 de marzo de publicou o Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que establece:

Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público.O cómputo dos prazos continuarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas deste.

Os prazos de prescrición e caducidade de calquera accións e dereitos quedarán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, no seu caso, das prórrogas que se adoptaren.

Non obstante, a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos administrativos que se establecen no Real Decreto que declara o estado de alarma, non será de aplicación aos prazos tributarios, suxeitos a normativa especial, nin afectará, en particular, aos prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións tributarias

  • Real Decreto 465/2020, de 17 de marzo,

    por el que se modifica el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

  • Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo,

    por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.