Saltar ao contido principal

Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 19/2021, do 5 de outubro, de medidas urxentes para impulsar a actividade de rehabilitación edificatoria no contexto do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia


IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSÍCAS


Deducións por obras de mellora da eficiencia enerxética de vivendas:

O artigo 1 do Real Decreto-lei 19/2021, do 5 de outubro, no seu apartado dous engade unha nova Disposición adicional quincuaxésima á Lei 35/2006 do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas establecendo tres novas deducións por obras de mellora da eficiencia enerxética de vivendas, nos seguintes termos:

1.Dedución por obras para a redución da demanda de calefacción e refrixeración:20%

Vivendas nas que se poden realizar as obras:

Vivenda habitual do contribuínte ou calquera outra da súa titularidade que tivera arrendada para o seu uso como vivenda ou en expectativa de aluguer, sempre que, neste último caso, a vivenda se alugue antes de 31 de decembro de 2023.

Non obstante, non dá dereito a parte da obra que se realice en prazas de garaxe, rochos, xardíns, parques, piscinas e instalacións deportivas e outros elementos análogos, nin na parte da vivenda afecta a unha actividade económica.

Obras que dan dereito a dedución:

Aquelas que reducisen a demanda de calefacción e refrixeración da vivenda en polo menos un 7 por cento a suma dos indicadores de demanda de calefacción e refrixeración.

É preciso que este extremo quede acreditado mediante o certificado de eficiencia enerxética da vivenda expedido polo técnico competente despois da realización das obras, respecto do expedido antes do inicio, cun máximo de dous anos, destas.

Realizadas dende o 6 de outubro de 2021 e o 31 de decembro de 2022

Base de dedución:

Cantidades satisfeitas dende o 6 de outubro de 2021 ata o 31 de decembro de 2022 polas obras.

Máximo 5.000 €.

Período impositivo no que se aplica:

Aquel no que se expedise o certificado de eficiencia enerxética emitido despois das obras.Estes certificados deberán ser expedidos antes do 1 de xaneiro de 2023.

Porcentaxe de dedución: 20%

2.Dedución por obras para a mellora no consumo de enerxía primaria non renovable:40%

Vivendas nas que se poden realizar as obras:

Vivenda habitual do contribuínte ou calquera outra da súa titularidade que tivera arrendada para o seu uso como vivenda ou en expectativa de aluguer, sempre que, neste último caso, a vivenda se alugue antes de 31 de decembro de 2023.

Non obstante, non dá dereito a parte da obra que se realice en prazas de garaxe, rochos, xardíns, parques, piscinas e instalacións deportivas e outros elementos análogos, nin na parte da vivenda afecta a unha actividade económica.

Obras que dan dereito a dedución:

Aquelas que reducisen en polo menos un 30 por cento o indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, ou ben, consigan unha mellora da cualificación enerxética da vivenda para obter unha clase enerxética «A» ou «B», na mesma escala de cualificación.

É preciso que estes extremos queden acreditados mediante o certificado de eficiencia enerxética da vivenda expedido polo técnico competente despois da realización das obras, respecto do expedido antes do inicio, cun máximo de dous anos, destas.

Realizadas dende o 6 de outubro de 2021 e o 31 de decembro de 2022

Base de dedución:

Dan dereito á dedución as cantidades satisfeitas dende o 6 de outubro de 2021 ata o 31 de decembro de 2022 polas obras.

Máximo 7.500 €.

Período impositivo no que se aplica:

Aquel no que se expedise o certificado de eficiencia enerxética emitido despois das obras.Estes certificados deberán ser expedidos antes do 1 de xaneiro de 2023.

Porcentaxe de dedución: 40%

3.Dedución obras de rehabilitación enerxética:60%

Edificacións nas que se poden realizar as obras:

Vivendas propiedade do contribuínte -situadas en edificios de uso predominante residencial- e prazas de garaxe e rochos adquiridos con estas.

Non obstante, non dá dereito a parte da vivenda afecta a actividades económicas.

Obras que dan dereito a dedución:

Aquelas que reducisen o consumo de enerxía primaria non renovable, nun 30 por cento como mínimo, ou ben, a mellora da cualificación enerxética do edificio para obter unha clase enerxética «A» ou «B», na mesma escala de cualificación.

É preciso que estes extremos queden acreditados mediante o certificado de eficiencia enerxética da vivenda expedido polo técnico competente despois da realización das obras, respecto do expedido antes do inicio, cun máximo de dous anos, destas.

Realizadas dende o 6 de outubro de 2021 e o 31 de decembro de 2023.

Períodos impositivos nos que se aplica:

En principio pódese aplicar en 2021, 2022 e 2023.Non obstante, é requisito para poder aplicar a dedución que se expedise o certificado de eficiencia enerxética emitido despois das obras.Estes certificados deberán ser expedidos antes do 1 de xaneiro de 2024.

Base anual de dedución:

  • Cando se expida o certificado no período impositivo:

    As cantidades satisfeitas dende o 6 de outubro de 2021 ata a finalización do período impositivo.

  • Cando o certificado se expedise nun período impositivo anterior:

    As cantidades satisfeitas no ano.

Basee máxima 5.000 € anuais.

As cantidades satisfeitas non deducidas por exceder da base máxima anual de dedución poderán deducirse, co mesmo límite, nos catro exercicios seguintes, sen que en ningún caso a base acumulada da dedución poida exceder de 15.000 euros.

Tratándose de obras levadas a cabo por unha comunidade de propietarios a contía susceptible de formar a base da dedución de cada contribuínte virá determinada polo resultado de aplicar as cantidades satisfeitas pola comunidade de propietarios, o coeficiente de participación que tivese nesta.

Porcentaxe de dedución:60%

4.Normas comúns ás anteriores deducións:

As anteriores deducións son incompatibles entre si respecto da mesma obra.

As anteriores deducións son incompatibles entre si respecto da mesma obra.

As cantidades deben ser satisfeitas, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, ás persoas ou entidades que realicen tales obras, así como ás persoas ou entidades que expidan os citados certificados, debendo descontar aquelas contías que, se é o caso, tivesen sido subvencionadas a través dun programa de axudas públicas ou fosen a selo en virtude de resolución definitiva da concesión de tales axudas.

En ningún caso, darán dereito a practicar dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

As cantidades satisfeitas han de ser necesarias para a execución das obras, incluíndo os honorarios profesionais, custos de redacción de proxectos técnicos, dirección de obras, custo de execución de obras ou instalacións, investimento en equipos e materiais e outros gastos necesarios para o seu desenvolvemento, así como a emisión dos correspondentes certificados de eficiencia enerxética.

Non obstante, non dan dereito a dedución as cantidades satisfeitas polos custos relativos á instalación ou substitución de equipos que utilicen combustibles de orixe fósil.

Os certificados de eficiencia enerxética previstos nos apartados anteriores deberán ter sido expedidos e rexistrados conforme ao disposto no Real Decreto 390/2021, da 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

Non integración en Base impoñible das seguintes axudas á rehabilitación:

As concedidas en virtude dos distintos programas establecidos no Real Decreto 691/2021, de 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas;o Real Decreto 737/2020, do 4 de agosto, polo que se regula o programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla;e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Real Decreto-ley 19/2021, de 5 de octubre,

de medidas urgentes para impulsar la actividad de rehabilitación edificatoria en el contexto del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.