Dedución pola adquisición de vehículos eléctricos «enchufables»
Coñece a nova dedución temporal no Imposto sobre a Renda por adquisición de vehículos eléctricos
Que requisitos teñen que cumprir os vehículos que adquiro?
-
Non poderán estar afectos a unha actividade económica.
-
Deberán estar matriculados por primeira vez en España antes do 31 de decembro de 2026 no caso de adquisición ou antes de que finalice o segundo período impositivo inmediato posterior a aquel en que se produciu o pagamento da cantidade a conta.
-
O prezo de venda do vehículo adquirido non poderá superar o importe máximo establecido, se é o caso, para cada tipo de vehículo pola normativa estatal reguladora dos programas de axudas públicas á mobilidade eléctrica aplicable no momento da matriculación, ou no momento en que se produciu o pagamento da cantidade a conta, calculado en ambos os dous supostos nos termos establecidos na devandita normativa.
- Os vehículos deberán pertencer a algunha das categorías seguintes: turismos M1, cuadriciclos lixeiros L6e, cuadriciclos pesados L7e ou motocicletas L3e, L4e ou L5e.
- Os modelos dos vehículos deberán ser subvencionables conforme á normativa estatal reguladora do programa de axudas públicas á mobilidade eléctrica aplicable no momento da matriculación, ou en que momento en que se produciu o pagamento da cantidade a conta.