Dedución pola instalación de infraestruturas de recarga
Coñece a nova dedución temporal no Imposto sobre a Renda pola instalación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos
Dereito a esta dedución
Terás dereito a esta dedución se, desde o 30 de xuño de 2023 ata o 31 de decembro de 2024, aboas cantidades destinadas a instalar, nun inmoble da túa propiedade, sistemas de recarga de baterías para vehículos eléctricos sempre que a instalación non estea afecta a unha actividade económica.
Se con posterioridade á instalación afecta os sistemas de recarga á actividade perderás as deducións practicadas.
Ademais, para practicar a dedución deberás contar coas autorizacións e permisos establecidos na lexislación vixente.