Matriculación en Ceuta e Melilla
Circunstancias que concorren na incorporación dos vehículos matriculados por primeira vez en Ceuta e Melilla, a territorio peninsular, Baleares e Canarias
No momento da primeira matriculación do medio de transporte, os trámites a realizar son similares aos realizados na Península e Illes Balears, pero a tipo impositivo 0, para as diferentes epígrafes aplicables ao medio de transporte
Cando este medio de transporte polo que se devindicou o imposto en Ceuta e Melilla sexa obxecto de importación definitiva na península e Illes Balears ou en Canarias, liquidarase o imposto aos tipos impositivos resultantes de multiplicar os tipos xerais, polos coeficientes seguintes:
Se a importación definitiva ten lugar dentro do primeiro ano seguinte á realización do feito impoñible:1,00.
Se a importación definitiva ten lugar dentro do segundo ano seguinte á realización do feito impoñible:0,67.
Se a importación definitiva ten lugar dentro do terceiro ou cuarto ano seguintes á realización do feito impoñible:0,42.
ADVERTENCIA:Nestes casos a base impoñible estará constituída polo valor en alfándega do medio de transporte.
As liquidacións e autoliquidacións que procedan en virtude da introdución do medio de transporte dende Ceuta e Melilla, segundo se describiu anteriormente, non serán esixibles nos casos de traslado da residencia do titular do medio de transporte ao territorio no que teñen lugar, segundo o caso, a importación definitiva ou a introdución definitiva.A aplicación do disposto neste apartado está condicionada ao cumprimento dos seguintes requisitos:
Os interesados deberán ter tido a súa residencia habitual en Ceuta e Melilla, polo menos durante os doce meses consecutivos anteriores ao traslado.
Os medios de transporte deberán ter sido adquiridos nas condicións normais de tributación existentes en Ceuta e Melilla, e non se deberán ter beneficiado de ningunha exención ou devolución con ocasión da súa saída dos devanditos territorios.
Os medios de transporte deberán ter sido utilizados polo interesado na súa antiga residencia durante un período mínimo de seis meses antes de abandonar a devandita residencia.
Os medios de transporte a que se refire o presente apartado non deberán ser transmitidos durante o prazo dos doce meses posteriores á importación ou introdución.O incumprimento deste requisito determinará a práctica da correspondente liquidación ou autoliquidación con referencia ao momento en que se producise o devandito incumprimento.