Modelo 05
Modelo de solicitude de “Non suxeición ao imposto”, “Exención” e “Redución” cando se require o recoñecemento previo da Administración para a súa aplicación
Deberá presentarse con carácter previo á matriculación definitiva do medio de transporte, non podendo, en ningún caso, procederse a matricular definitivamente o mesmo ata que non se producise o recoñecemento do beneficio fiscal.
A presentación do modelo 05 e da documentación complementaria que se debe acompañar en cada caso concreto, realizarase na Delegación ou Administración da Axencia Estatal da Administración Tributaria do domicilio fiscal do obrigado tributario ou por medios telemáticos.