Que teño que facer para matricular un medio de transporte?
Informámosche dos pasos que tes que dar para matricular un medio de transporte
Debo presentar a declaración liquidación do imposto no momento da primeira matriculación definitiva en España dun medio de transporte, con independencia de que sexa novo ou usado. Isto afecta directamente a todos os medios de transporte, terrestres, marítimos ou aéreos, sen prexuízo dos aspectos singulares de non suxeición, redución ou exoneración que contempla a Lei.
Como circunstancias especiais, débense contemplar aquelas en que o medio de transporte (xeralmente polas súas características construtivas) non está suxeito ao imposto, ou ben estando suxeito contémplase a exoneración total ou parcial do pagamento do mesmo (basicamente de acordo coa súa utilización).
Advertencia: Tanto nos supostos de “Non suxeición” ao imposto como no de “Exoneración ou Redución”, pode cumprir o previo recoñecemento da Administración a este dereito.