Medicamentos, produtos sanitarios e cosméticos
Se es un viaxeiro que desexa introducir medicamentos en España, infórmate dos requisitos
A entrada de medicamentos, produtos sanitarios e cosméticos que conduzan os viaxeiros destinados ao seu propio uso non estará suxeita a intervención sanitaria previa, aínda que esta poderá efectuarse cando, pola súa contía ou o seu destino, así se aconselle.
A lexislación nacional vixente permite aos viaxeiros levar a súa medicación persoal, aínda que o viaxeiro debe probar que os medicamentos están destinados á súa propia administración ou tratamento. A proba de que os medicamentos están destinados á propia administración ou tratamento do viaxeiro pode realizarse, por exemplo, mediante a receita ou o informe médico.
Os viaxeiros que teñan dúbidas en relación con esta materia poden informarse nos centros dependentes de Servizos de Inspección Farmacéutica das Áreas de Sanidade e Política Social das Delegacións e Subdelegacións do Goberno, que teñen encomendada esta competencia.