Anticipo da dedución por vivenda habitual
Requisitos e prazos para solicitaro
Se es un traballador por conta allea podes solicitar unha redución en dous enteiros no tipo de retención aplicable ás túas rendas do traballo sempre que:
-
a contía total das túas retribucións íntegras por rendementos do traballo procedentes de todos os teus pagadores sexa inferior a 33.007,20 € anuais
-
efectúes pagamentos por préstamos destinados á adquisición ou rehabilitación da túa vivenda habitual (non se contempla a ampliación nin a construción)
-
teñas dereito á dedución por investimento en vivenda habitual
-
comuniques esta situación ao teu pagador. Podes utilizar o Modelo 145
-
e, o tipo de retención non resulte negativo como consecuencia da redución.
Se es o pagador das rendas do traballo terás que tero en conta para calcular a retención que debes practicar aos teus empregados.
Prazos de presentación e efectos
Podes efectuar a comunicación desde o momento en que destines cantidades á adquisición ou rehabilitación da túa vivenda habitual.
A regularización do tipo de retención terá efectos desde a data en que o comunicas e, sempre que falten polo menos 5 días para confeccionar a nómina.
Non tes que reiterar esta comunicación en cada exercicio non sendo que se produzan variacións nos datos que inicialmente comunicaches.