Dedución por obras para a mellora no consumo de enerxía primaria non renovable
En que vivendas debes realizar as obras, cales son os prazos, que obras dan dereito á dedución, como acreditas a mellora, cando e sobre que cantidade aplicas a dedución
Que obras dan dereito á dedución?
Aquelas que permitan reducir en polo menos un 30% o indicador de consumo de enerxía primaria non renovable ou ben, consigan unha mellora da cualificación enerxética da vivenda para obter unha clase enerxética «A» ou «B», na mesma escala de cualificación.
Para acreditaro deberás dispor dun certificado de eficiencia enerxética da vivenda emitida polo técnico competente antes do inicio das obras (para estes fins, será válido o emitido como máximo nos dous anos anteriores ao inicio das obras) e, ao final das mesmas.