Dedución por obras para a redución da demanda de calefacción e refrixeración
En que vivendas debes realizar as obras, cales son os prazos, que obras dan dereito á dedución, como acreditas a mellora, cando e sobre que cantidade aplicas a dedución
Que obras dan dereito á dedución?
Aquelas que permitan reducir a demanda de calefacción e refrixeración da vivenda en polo menos un 7%.
Deberás acreditaro cun certificado de eficiencia enerxética da vivenda emitida polo técnico competente antes do inicio das obras, (para estes fins será válido o emitido como máximo nos dous anos anteriores ao inicio das obras) e, ao final das mesmas.