Dedución por obras de rehabilitación enerxética
En que vivendas debes realizar as obras, cales son os prazos, que obras dan dereito á dedución, como acreditas a mellora, cando e sobre que cantidade aplicas a dedución
Cal é a base da dedución e a porcentaxe de dedución?
-
Cando se expedise o certificado no período impositivo:
As cantidades satisfeitas desde o 6 de outubro de 2021 ata a finalización do período impositivo cun máximo de 5.000 €.
-
Cando o certificado se expedise nun período impositivo anterior:
As cantidades satisfeitas no ano cun máximo de 5.000 €.
As cantidades satisfeitas non deducidas por exceder da base máxima anual poderás deduciras, co mesmo límite (5.000 €), nos catro exercicios seguintes, sen que en ningún caso a base acumulada da dedución poida exceder de 15.000 €.
Cando as obras se realicen por unha comunidade de propietarios a base da dedución para cada propietario virá determinada polo resultado de aplicar ás cantidades satisfeitas pola comunidade o coeficiente de participación que corresponda a cada un dos propietarios.
A porcentaxe de dedución é o 60%.