Transmisión dun inmoble
Que rendementos xera a venda
Cando vendas ou transmitas un inmoble (vivenda, local, garaxe) que tes no teu patrimonio, obterás unha ganancia ou perda que se determinará pola diferenza entre os valores de transmisión e adquisición.
A venda ou transmisión dun inmoble pódese realizar de forma onerosa, é dicir, a cambio dun prezo ou, de forma gratuíta ou lucrativa.
As adquisicións gratuítas dun ben están suxeito ao Imposto de Sucesións e Doazóns para o adquirente do ben e ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para a persoa que transmite o ben.