Tributación de locais comerciais e prazas de garaxe
Como tributan
As rendas que obtés polo arrendamento dun local de negocio ou dunha praza de garaxe son, con carácter xeral, rendementos do capital inmobiliario. Tamén éo a cantidade que percibes como arrendador do local no caso de traspaso.
Excepcionalmente, o alugamento xera rendementos de actividades económicas cando para ordenar a actividade dispoñas, polo menos, dunha persoa empregada con contrato laboral e xornada completa.