Ganancias e perdas patrimoniais derivadas de transmisións doutros elementos patrimoniais
Incluiranse neste apartado as ganancias e perdas patrimoniais (que non procedan de Institucións de Investimento Colectivo ou de premios, nin de accións admitidas a negociación en mercados oficiais que deben declararse nos apartados anteriores), que se poñan de manifesto con ocasión de transmisións de elementos patrimoniais ou melloras realizadas nos mesmos.
Para que o programa calcule o importe da ganancia ou perda patrimonial terá que facer constar:
- Tipo de elemento patrimonial
- Tipo de transmisión
- Datas de transmisión e de adquisición
- Elementos non afectos: Valor de transmisión e adquisición
- Elementos afectos: Valor de transmisión e adquisición
- Información adicional
- Operacións a prazo
- Exención por reinvestimento
- Aplicación dos coeficientes redutores do DT 9ª